Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bernarda

“BERNARDA” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/04/2021

Xa rematou

Horario:

20 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en "BERNARDA", por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en "BERNARDA" demos en chamarlle, humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.

Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir, cunha infancia dura de posguerra que a forxou nuns principios ríxidos e inamovibles. Ao morrer o marido ten que asumir o papel de pai e de nai, e educa ás súas fillas como mellor sabe, como aprendeu, e todo o que fai non o fai por mal, todo o contrario, faino porque pensa que é o mellor para elas. As fillas, en cambio, non o ven así, aínda que como tamén entre elas son diferentes, discuten moitas veces sobre se no fondo Bernarda é pobriña ou é mala.

Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as "malas" influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, nin as minisaias, nin os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa intención é moi clara: "Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer." O público presente coñecerá se chega a conseguilo ou non.

Actrices: Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja

Autor e director: Jose Prieto

Axte. De dirección: Xoque Carbajal

Productor: Xoque Carbajal

Escenografía: Kukas

Iluminación: Xoque Carbajal

Clasificada: Público adulto (maiores de 14 anos)

Duración: 70 minutos

Venda de entradas

Despacho de Billetes Central, Praza de Ourense: de luns a xoves de 10 a 14 e de 15 a 18 h. Viernes de 10 a 15 h

Despacho de Billetes do Teatro: só abre os días de función de 16 a 20 h

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión