Ven a sorprenderte coa maxia dos Hologramas 3D. O único límite é a túa imaxinación!!!
De 7 a 12 anos
Infantil
Dende o 14/02/2020 ás 18:30 ata o 21/02/2020 ás 20:30 , os venres
Xa rematou
Dende o 07/02/2020 ata o 14/02/2020
Require inscrición
de 18.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
A Holografía é moi similar á realidade aumentada pero a diferenza desta non necesita de ningún dispositivo (casco, móbil, tablet,...) para poder gozala. En ambos casos visualízanse imaxes 3D en medio do espazo como flotando nel, ao mesmo tempo que se continúa vendo a contorna na que nos atopamos.
Neste taller aprenderemos a ciencia que fundamenta a holografía a través do desenvolvemento dunha serie de dispositivos que permitan visualizar imaxes holográficas utilizando materiais reciclados e deseñaremos e elaboraremos simulacións holográficas.
Ademais, afondando no concepto de "a luz", que é a base da holografía, realizaremos unha serie de experiencias creando outros dispositivos sinxelos, tamén con materiais reciclados.
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible