Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bless Festival 2018

A Sala O Túnel acolle en setembro a segunda edición do festival de reggae "Bless Festival" que este ano contará coa participación de Dandy Fever, Real Rockers e Johnny Clarke. Oportunidade única de ver e escoitar unha parte da historia viva do reggae. Único concerto na península!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/09/2018

Xa rematou

Horario:

22.00 h (apertura de portas ás 21.30 h)

Enderezo:

Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

20 € anticipada / 25 € en despacho de billetes

Venda anticipada:

  • Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Televenda: 902 044 226 ou www.ticketea.com

Organiza:

Asociación Cultural Negus

Contacto:

- 22:00 h a 23:30 h - DANDY FEVER (Galicia)

Dandy Fever é unha veterana formación da Coruña que comezou alá polo ano 2002 a mostrar a súa paixón polos sons xamaicanos máis clásicos do ska e o rocksteady, aínda que co paso do tempo abriron o seu repertorio ao early reggae. Nos últimos anos acompañan a Dave Barker e Alberto Tarín como backing band na península e presentan o seu repertorio con novos vocalistas.

No seu directo tamén están presentes versións de voces clásicas de Xamaica como Ken Boothe, Derrick Morgan, Heptones ou Kingstonians, sempre cun enorme respecto polo son e o estilo dos pais da música xamaicana, xa que o que mellor pode definir a esta banda é o seu amor incondicional por aquela idade dourada de Xamaica, que comprende de finais dos anos 60 aos comezos dos 70.

- 23:30 / 01:00 h - REAL ROCKERS (Portugal):

É un grupo de produtores, músicos, selectas e singjays do Porto, que traballan difundindo a mensaxe orixinal das raíces xamaicanas do reggae a nivel internacional. Desenvolvendo producións de estudo e sesións en vivo coa súa banda ou en formato sound system. Esta nova xeración de artistas evolucionou creando un estilo único, inspirado na era dourada da cultura xamaicana e inglesa do Rub-a-Dab.

Levan ás súas costas varias xiras europeas e unha serie de traballos editados que veñen presentar ao Bless Festival.

- 01:00 h / 02:50 h JOHNNY CLARKE (Xamaica):

Johnny Clarke nace en Kingston en xaneiro de 1955, de neno foi membro do coro da escola dominical onde espertou o seu amor polo canto, con 16 anos gaña o concurso de talentos locais en Bull Bay, como premio gravou a súa primeira canción, "God Made the Sea and the Sun"(1972).

En 1973 Rupie Edwards produciu os primeiros éxitos de Clarke "Everyday Wondering" e "Julie", un ano máis tarde Clarke grava "Jump Back Baby" para Glen Brown, antes de comezar unha longa asociación con Bunny Lee e a súa banda The Aggrovators. "None Shall Escape the Judgment" foi un éxito inmediato e converteuse na canción principal no álbum debut de Clarke.

Clarke foi nomeado Artista do Ano en Xamaica en 1974 e 1975, e converteuse nun dos cantantes máis representativos da illa, mesturando cancións orixinais con versións de cancións populares de reggae doutros artistas. O seu rexistro de voz amóldase tanto ao roots profundo como aos máis doces lovers. Moitas das cancións de Clarke fan referencia á súa fe e á anti-violencia (como en "Let Go Violence").

Clarke axudou a definir o período "Flying Cymbals" que precedeu ao son "Roots Rockers" de mediados a finais dos 70´s, foi un dos primeiros artistas xamaicanos que asinou con Virgin Records en 1976, e lanzou os álbums "Authorized Version" e "Rockers Time Now".

Clarke gozou de máis éxitos a principios da década de 1980 co produtor S. Douglas, antes de volver traballar con Lee. En Londres en 1983 grava con Mad Professor, e súmase así aos grandes produtores da historia do reggae xamaicanos cos que traballou Johnny Clarke: King Tubby, Errol Thompson e Prince Jammy.

Desde entón, reapareceu de cando en vez con material novo: Rasta Nuh Fear en 1992 e Rock With Me en 1997, e segue facendo contadas aparicións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión