Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de Nadal 2018 Fórum Metropolitano e Centro Ágora

Danzando polo mundo

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos nacidas/os entre 2006 e 2014, agrupados por idades.

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 26/12/2018 ata o 07/01/2019

Os días 26, 27 e 28 de decembro do 2018 e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro do 2019.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/12/2018

Horario:

Das 10.00 ás 14.00 h, os días indicados. Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar: de 9.00 a 10.00 h.

Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h, para comer unha merenda, que cada participante traerá da súa casa.

Número de prazas:

Número de prazas: 110 nenas/os por centro, distribuídos en 6 grupos e agrupados por idades.

Prezo:

Campamento: 35 € - Coa ampliación horaria: 40 €

Requisitos:

INSCRICIÓN

Na conserxaría do Fórum Metropolitano ou de Ágora, a partir do 3 de decembro, até cubrir as prazas, é necesario facer a inscrición no centro no que se desexa realizar o campamento.

En horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h

Por rigorosa orde de inscrición, até cubrir as prazas, 50% en horario de mañá (55) e 50% en horario de tarde (55).

Admitiranse 3 fichas por persoa, excepto no caso de ser irmáns, no que se recollerán todas as fichas.

Contacto:

981 184 293 Fórum Metropolitano

981 189 888 Centro Ágora

Documentos:

Dossier e folla de inscrición (388 KB)

Durante a celebración deste campamento descubriremos infinidade de sons e bailes dos distintos pobos que ao longo de todo o planeta crean e desfrutan a través das súas manifestacións culturais.

Coñeceremos os distintos estilos, así como os instrumentos cos que as interpretan. A súa historia e como se foron transmitindo de época en época até chegar ós nosos días. Desfrutaremos tamén das nosas melodías e danzas, que son o legado que imos deixar ás futuras xeracións.

E por suposto, descubriremos algunha que outra sorpresa relacionada co mundo da música que nos aportará posibilidades para desenvolver a nosa creatividade.

Sempre fomentando os valores cívicos e de compañeirismo, selo dos nosos campamentos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión