Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cancións de ida e volta. Os compositores do exilio (en homenaxe a Julio Andrade Malde)

Recital

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/09/2020

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Proximamente á venda

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

No ciclo Os nosos intérpretes, que lles dedicamos todos os anos ás/aos cantantes galegas/os que xa se encontran en pleno desenvolvemento das súas carreiras, nesta ocasión presentaremos o barítono coruñés Borja Quiza, quen foi precisamente o encargado de inaugurar en 2006 outro dos nosos ciclos, o das novas voces galegas. Nesta ocasión, Quiza ofrecerá por primeira vez en Galicia un programa dedicado aos compositores da emigración.

Para moitos, as e os galegos gañaron a súa batalla pola identidade, case perdida en Galicia, na emigración e o exilio americano. Galicia e América non se poden entender unha sen a outra e unha proba fidedigna diso é que a poboación dese continente utiliza de maneira xenérica o termo 'galegos' para dirixirse a todos os españois. Os movementos intelectuais ao redor da cultura galega nacen no exilio. A bandeira, o himno e a Academia da Lingua Galega aparecen en cidades como A Habana, Río de la Plata ou Caracas. Tal é así que non existe capital latinoamericana que non teña actualmente un centro galego que sirva de eixo cultural sen pecar de gregarismo. Este concerto repasa algunhas das cancións que unen ambas as beiras, intercalando explicacións históricas e anécdotas delas. Unha viaxe por Galicia, Cuba, Arxentina e México. Cancións en galego sobre temas da emigración, cancións populares latinoamericanas con autores galegos tanto de letra como de música e cancións que, aínda non tendo autoría galega, arraigáronse con forza no cancionero popular galaico de autores como Carlos Gardel. Este concerto servirá ademais para renderlle merecido tributo ao crítico, musicólogo e compositor coruñés Julio Andradre Malde, falecido o pasado mes de abril, nesta cidade. No seu recordo estrearase unha das súas cancións composta para a voz de barítono.

Repertorio Obras de José Castro 'Chané', Xoán Montes, José Fernández Vide, Ernesto Lecuona, Andrés Gaos, Carlos Gardel, Consuelo Velázquez e Julio Andrade Malde.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión