Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cartas de verán

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza un concurso nas redes sociais para as familias con nenas ou nenos ata 12 anos co fin de fomentar a escrita.

A quen vai dirixido?:

Familias con nenas ou nenos ata 12 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/08/2022 ata o 31/08/2022

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o concurso "Cartas de verán", para fomentar a escrita en lingua galega entre a rapazada até 12 anos.

Como vai ese verán? Desexamos sabelo! Queremos recuperar o vello costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, así que se tedes até 12 anos:

  1. Contádenos o que estades a facer este verán: viaxar, comer moitos xeados, que libro estades a ler, que pelis, praias ou festas vistes... Podedes xuntarlle un debuxo! Moi importante! Poñede o voso nome, a data de nacemento, un teléfono e un enderezo postal*. Prometemos responder!
  2. O seguinte é poñerlle un selo, o noso enderezo e ir á caixa do correo até o 31 de agosto: Normalización Lingüística, Lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña.
  3. Tedes que redactala en lingua galega (ollo coas faltas e os borranchos). Se aínda non sabedes escribir, poden darvos unha axudiña mamá, papá, alguén da familia ou algunha amizade.

En canto nos chegue a vosa carta ou postal, publicarémola nas nosas redes.

Tanto traballo terá premio seguro! Un agasallo que vos entregaremos presencialmente ao rematar o verán para que así a volta ao cole resulte máis divertida e tres lotiños para as mellores entre estas franxas de idade: 0-4, 5-8 e 9-12 anos (repartirase un agasallo por crianza).

*Consonte o disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos persoais que se nos faciliten voluntariamente serán tratados baixo a responsabilidade do Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña) co fin de participar na actividade "Cartas de verán", organizado por Normalización Lingüística. En calquera momento se poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión