de Dennis Kelly
Para público en xeral
09/10/2020
Xa rematou
21.00 h
* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece o espectáculo.
85 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).
(As persoas beneficiarias de entradas con desconto deben presentar o documento que o acredite ao mercar a entrada e ao acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo).
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
Ela é divertida e atrevida. Unha muller que podería ser calquera. Cun esposo, unha filla pequena que pasa o día construíndo cousas e un fillo menor que as destrúe. Enfrontouse aos teitos de cristal, un traballo ao que non estaba destinada, á conciliación, sentirse mala nai e as pequenas derrotas e vitorias da vida de calquera muller.
Pero as cousas non son o que parecen. E iso cambiará todo para sempre.
Un texto feminista e inclusivo, conmovedor e duro á vez, sobre as mulleres, os teitos de cristal, a maternidade, a violencia machista..., escrito polo multipremiado Dennis Kelly e dirixido pola gañadora do último premio "Ojo Crítico", Lucía Miranda.
Intérprete: Antonia Paso
Dirección: Lucía Miranda
Compañía: El Sol de York
Espectáculo en castelán
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Para compras en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible