Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de Cinema Cuir

Selección de películas: X.R. Mon Rivas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/07/2020 ata o 30/07/2020, os xoves

Por un imprevisto climatológico se han modificado las fechas:

Bixa Travesti se canceló y se pasa al día 30 de julio, así que será la última en proyectarse.

Xa rematou

Horario:

22:00

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Documentos:

PROGRAMAS-CARTEL-SOLTOS-03.jpg (3 MB)

RAFIKI

Wanuri Kahiu

South Africa/Kenya/France/Netherlands/Germany/Norway/USA/Lebanon

2018 / 82' / V.O.S.E.

 "As boas nenas kenianas convértense en boas esposas kenianas", pero Kena e Ziki anhelan algo máis. A pesar da rivalidade política entre as súas familias, as mozas resisten e seguen sendo amigas, apoiándose mutuamente para continuar os seus soños nunha sociedade conservadora. Cando o amor florece entre elas, as dúas nenas veranse obrigadas a escoller entre a felicidade e a seguridade.

O acceso é libre ate completar aforo. Podes retirar os teus convites na seguinte ligazón

NOITE IRISADA

Beatriz Vázquez

Galicia / 2019 / 60'

Este documental repara nos gays, trans ou lesbianas que hoxe son maiores, rondando os 50, 60 ou 70 anos. A eles débeselles todo o avance en materia de dereitos e de concienciación sobre a liberdade sexual, á vez que seguen a ser, do colectivo, quen maior vulnerabilidade pode sentir respecto do seu futuro. Queremos, ademais, poñer esta reivindicación en contexto, porque ser LGTB en Galicia nos anos do franquismo e o postfranquismo era moi distinto a vivir en Barcelona ou Madrid. A sociedade galega, rural e empobrecida, cegamente católica, agocha historias abraiantes, de superación e supervivencia, cuxos protagonistas quizais nunca pensaron poder amarse ou ser como eran, en liberdade.

O acceso é libre ate completar aforo. Podes retirar os teus convites na seguinte ligazón

BIXA TRAVESTI

Claudia Priscilla, Kiko Goifman

Brasil / 2018 / 75' / V.O.S.E.

O corpo trans* feminino convértese nun medio de expresión política tanto no espazo público como no privado. A cantante negra, transexual, Linn da Quebrada, deconstrúe como os machos alfa se conciben a si mesmos. O documental de Kiko Goifman e Claudia Priscilla retrata a unha artista carismática que reflexiona sobre o xénero e ten unha presenza escénica extraordinaria.

O acceso é libre ate completar aforo. Podes retirar os teus convites na seguinte ligazón

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión