Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Ilusiooóh!n "Drop"

Espectáculo de Teatro e Malabares con música en directo.

A quen vai dirixido?:

Tódolos públicos 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/10/2021

Xa rematou

Horario:

20:00 h 

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

9,00 €  (carnet xove, +65 anos, personas desempregadas: 7,00 €)

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 21,00 euros

Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos ... pero, non están vivos.

O lugar no que os obxectos destellan e se inflama coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, os as cometas e as estrelas. Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida.Pero fora diso e ó igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, os seus problemas, os seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo. Por iso Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos. E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo.

Espectáculo de: Pistacatro Productora de SoñosIdea Orixinal de: Pablo Reboleiro

Dirección: Pablo Reboleiro

Axudante Dramaturxia e traballo de escena: Diego Anido

Elenco: Aitor Garuz, Santiago Montero, Guillermo Porta, Pablo Reboleiro, Nacho Muñoz

Composición Musical: Nacho Muñoz

Producción: José Expósito, Belém Brandido

Deseño Cartaz: Juan Gallego

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Taquilla Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h 
  • Venda no despacho de billetes do Centro Agora: únicamente días de espectáculo desde unha hora antes (sempre que queden localidades).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión