Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Algún día todo será tuyo

De Chiqui Carabante

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2022

Horario:

20.30 h

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña

No seu leito de morte a don Ramón Areces, dono de El Corte Inglés, mestúranselle os recordos da infancia coas súas andanzas en Cuba e as ofertas de Nadal que sonan pola megafonía da súa grande empresa.

Agoniado polo seu pasado, don Ramón Areces pasea polas súas lembranzas tratando de atopar o seu último anhelo, unha metáfora que lle faga xustiza á súa persoa.

Unha metáfora perfecta que resoe no enterro do suposto fundador de El Corte Inglés.

"Algún día todo esto será tuyo" cerra a triloxía Crónicas ibéricas, onde Club Caníbal pon na palestra o español. Unha crítica descarnada sobre a idiosincrasia deste país. Coa proximidade e o cariño de quen non pode evitar ser fillo desta patria. Tras "Dende aquí veo sucia la plaza", sobre o sacrificio animal por divertimento, e "Herederos del ocaso", sobre a picaresca española, o seu terceiro espectáculo analiza os últimos días do presidente de El Corte Inglés, reflexo do poder en España. A dramaturxia e dirección de Chiqui Carabante volve poñer a énfase nun pasado enraizado e balorecido no presente. E todo a través da mellor arma e sinal de identidade da compañía: o humor. Un humor negro neorrealista que entronca coa tradición cómica española, de Gila a Berlanga.

Con: Font García, Vito Sanz, Juan Vinuesa, Pablo Peña (música en directo)

Dirección e dramaturxia: Chiqui Carabante

Deseño de iluminación: Nerea Castresana

Música en directo e composición: Pablo Peña

Vestiario: Salvador Carabante

Deseño gráfico: Fratelli Moca e Jose Fernández

Escenografía: Walter Arias

Distribución: Susana Rubio

Unha produción de Club Caníbal

*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro

- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión