Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Claudia

De Claudia Victoria Poblete Hlaczik, Carles F. Giua e Eugenio Szwarcer, baixo a dirección de Carles Fernández Giua.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/03/2019 ata o 30/03/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

85 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo.

As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.

Claudia Vitoria Poblete Hlaczik vive en Buenos Aires, traballa como enxeñeira de sistemas e é afeccionada á ciencia ficción. Claudia vive, aparentemente, unha vida 'normal'. Pero, baixo esta aparencia, escóndese un percorrido moi pouco común. Esta muller nova, foi educada nos valores da contorna militar e, con 21 anos, descubriu que era filla de desaparecidos e que vivira unha vida inventada cunha familia que, en realidade, non era a súa. O seu caso marcou un punto de inflexión en Arxentina, xa que supuxo o principio da fin da impunidade dos mandos militares.

A experiencia vital de Claudia -comunicada por ela mesma- é a materia prima deste novo documental escénico que presenta La Conquesta del Pol Sud.

Interésalles explorar as relacións entre o individual e o colectivo. Como se interrelacionan as vidas singulares e a historia? De que maneira a experiencia dalgúns ten que ver con todos nós? Que sentido teñen, no mundo actual, palabras como revolución, memoria e educación?

Con Claudia Victoria Poblete Hlaczik, Carles F. Giua i Eugenio Szwarcer

Dirección: Carles Fernández Giua

Compañía: La Conquesta del Pol Sud

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/venues/teatrorosaliadecastro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión