Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Hablar por hablar

De Juan Cavestany, Yolanda García Serrano, Anna R. Costa, Juan Carlos Rubio e Alfredo Sanzol

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/12/2018 ata o 22/12/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados/as: -20%)

Televenda:

Ticketea

Chega a madrugada e na soidade das nosas casas, do traballo ou do lugar onde decidimos resgardarnos, acendemos a radio para que nos arroupe na nosa travesía nocturna mentres os demais dormen. Esperamos impacientes atopar unha luz que nos ilumine na noite, como náufragos que non deixan de mirar o horizonte en busca de terra firme. Oíntes anónimos que contan historias, que se fan compañía cos seus soños, fracasos, amores. Historias que terminan sendo nosas, ao escoitalas facemos parte delas, somos cómplices na sombra. Isto é Hablar por hablar o programa feito cos oíntes da radio. Levamos ao escenario a emoción do mítico programa radiofónico de Cadena Ser. Unha experiencia teatral que nos transporta á radio e que nos atrapará como o propio programa fai na madrugada. Nesta viaxe teremos tempo de sorrir ou conmovernos con relatos cheos de humanidade que nacen das vidas cotiás de miles de persoas que nestes anos chamaron á radio buscando a calor dos demais a través das ondas. "É a soidade o motivo polo que un é capaz de lles contar a centos de miles de persoas o que non lle contou nunca a ninguén? Aínda que dabondo sabemos que non fai falta que haxa xente ao redor para sentirnos sós. Soidade é unha palabra inmensa chea de ocos. Ocos que poden ser un oasis ou un abismo segundo o estado de ánimo que teñamos".

Con Antonio Gil, Ángeles Martín, Samuel Viyuela, Carolina Yuste, Pepa Zaragoza

Dirección: Fernando Sánches Cabuzudo

Compañía: Cornejo Films

Venda de entradas soltas a partir do 10 de setembro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión