Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "La estupidez"

De Rafael Spregelburd baixo a dirección de Fernando Soto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/11/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

3 horas (con intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas:-20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 12 de setembro

Televenda:

Ticketea

"Lo que ocurre en las Vegas, no siempre se queda en las Vegas. La estupidez" é unha obra de Rafael Spregelburd que versa sobre a fraxilidade da intelixencia nos tempos que corren. Un grupo de persoas intenta facerse rica nas Vegas. Un método matemático para gañar á ruleta garda relación coa temible ecuación matemática que encripta o segredo da Apocalipse. Dous criminais deben vender un cadro antigo roubado antes de que se termine de deteriorar por completo. A mafia siciliana fabrica unha nova estrela do pop e uns policías motorizados viven unha intensa historia de traizóns.

Todo isto ocorre ao mesmo tempo. E nas Vegas. Sorte de road-movie, pero en formato teatral, "La estupidez" naceu como encargo a Spregelburd en agosto de 2000 polo prestixioso Deutsches Schauspielhaus de Hamburgo. A partir de aí, a obra espertou curiosidade e interese en diversos ámbitos: recibiu o Premio Tirso de Molina en España en 2003. Foi seleccionada para a súa tradución polo National Theatre de Londres, e representouse en numerosas prazas importantes en todo o mundo, como a Schaubühne de Berlín, o Theaterhaus de Stuttgart e o Teatro Helénico de México, entre outros.

"La estupidez" é parte da "Heptalogía" de Hieronymus Bosch, un grupo de sete obras sobre o tema dos pecados capitais. Parte do atractivo do espectáculo é que os cinco actores do grupo dan vida aos 24 personaxes. "Lo que ocurre en las Vegas, no siempre se queda en Las Vegas".

Con Fran Perea, Toni Acosta, Ainhoa Santamaría, Javi Coll, Javier Márquez.

Dirección: Fernando Soto

Compañía: Feelgood Teatro.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226 e Internet

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión