Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: La panadera

De Sandra Ferrús

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/11/2022 ata o 19/11/2022

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña

La Panadera conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadería, casada, con dous fillos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa nova de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo hai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de xeito incontrolado porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un "reality" televisivo.

A nudez, a rabia, a impotencia, a vergoña e á dor salpican a todos os seus seres queridos. Dende seu pai, Ramón, un home de campo, nacido no trinta e oito, ao seu fillo, Gael, un neno de once anos, ao que trata de lle ocultar o acontecido, pero que sabe manexar un ordenador infinitamente mellor ca ela, ata o seu marido, Aitor, que intenta acompañar a Concha na dor, pero que non pode evitar deixarse invadir polo xuízo social.

As mensaxes cibernéticas sen piedade, que escondidas tras perfís sen nome, opinan, mófanse, e deshumanizan, chegan, e Concha terá que loitar para que o medo, a dor, as crenzas, o aprendido non a derrote. Intentando que o seu contorno familiar e social non salte polo aire.

La panadera é un desexo de parar a cadea, de romper crenzas, de tomar conciencia e dar confianza e soporte. É un desexo de unión, é un abrazo, é esperanza.

Con: César Cambeiro, Sandra Ferrús, Elías González, Susana Hernández,  Martxelo Rubio

Dirección: Sandra Ferrús

Escenografía e vestiario: Elisa Sanz (AAPEE)

Iluminación: Paloma Parra

Música e espazo sonoro: Antonio de Cos

Vídeo escena: Elvira Ruiz

Axudante de dirección: Concha Delgado

Axudante de escenografía e vestiario: Paula Castellano

Fotos: Luz Soria

Unha coprodución do Centro Dramático Nacional, Açafrão Producciones, El Silencio Teatro e Iria Producciones

*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro

- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión