Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Mestiza

De Julieta Soria

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/02/2020 ata o 29/02/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'0, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

O punto de partida da obra constitúeo unha curiosa entrevista entre dous peculiares personaxes: Tirso de Molina, que con 19 anos está nos comezos da súa carreira dramatúrxica, e a xa anciá Francisca Pizarro Yupanqui, primeira mestiza do Perú, filla de Francisco Pizarro e da princesa inca Quispe Sisa, que vive como dama española no Madrid de finais do século XVI. Co pretexto da escritura dunha futura Triloxía dos Pizarro, Tirso trata de convencer a dona Francisca, que leva un ano recluída no seu estraño xardín, de que dea renda solta aos seus recordos e experiencias. O diálogo entre ambos supón a confrontación de dúas visións moi diferentes do mundo (home e muller, mozo e anciá, español e mestiza) e, sobre todo, é a orixe de algo inesperado para dona Francisca: unha viaxe persoal e crítica pola historia española daqueles anos, que desemboca nun reencontro co seu pasado, co seu marido, Hernando Pizarro, co seu pai, e coa súa nai e irmáns indíxenas e na necesidade de miralos cara a cara. Quen é, entón, Francisca Pizarro? É española? É inca? Sobre que erixiu a súa vida e a súa fortuna? É vivir outra cousa que lembrar algo que se esqueceu? Pode de terra negra nacer flor branca?

Con Gloria Muñoz e Julián Ortega

Músico: Manuel Lavandera

Cantante: Silvina Tabbush

Dirección: Yayo Cáceres

De Emilia Yagüe Producciones

*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Web: https://www.eventbrite.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión