Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "¿Quién es el Sr. Schmitt?"

Entradas esgotadas!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/03/2019 ata o 23/03/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

(Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)

Televenda:

Ticketea

De Sèbastien Thièry baixo a dirección de Sergio Peris-Mencheta

O señor e o señora Carnero cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono.

Pero os Carneiro non teñen teléfono.

O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt...

E o que é máis estraño aínda, os Carnero descobren que están encerrados nunha casa que non parece a súa casa, os cadros cambiaron, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non lles pertence...

O pánico apodérase de todo.

O pesadelo non fixo máis que comezar.

Son seica o señor e a señora Carneiro, sen sabelo, o señor e a señora Schmitt?

Quen está tolo?

Quen está en posesión da verdade?

El? Ela? Os "outros"?

As persoas espectadoras?

Quen é o señor Schmitt?

Con Javier Gutiérrez; Cristina Castaño; Xabi Murua; Quique Fernández e Armando Buika

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Compañía: Barco Pirata

*Venda de entradas soltas a partir do 9 de xaneiro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión