Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cine Marilyn Monroe - Ciclo de cinema e danza - Maio 2021

Unha colaboración entre os Cines Fórum e a Programación Expandida do TRC Danza.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/05/2021 ata o 29/05/2021

Xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20.00 h

* sábados 17.15 e 20.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sábado ás 17.15 h (sesión do/a espectador/a): prezo único 1,50 €

**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder á sala de cinema.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.pe-trcdanza.gal/accions-2021

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

Contacto:

forum@coruna.es 

O Fórum Metropolitano e a Programación Expandida do TRC Danza unen forzas para que aveciñanza da cidade continúe desfrutando da danza, neste caso, a través da pantalla.

O Ciclo de Cinema e Danza, achegános tres títulos internacionais para continuarachegando a danza a novos espazos da cidade durante o mes de maio.

Da man dos filmesde Elvira Lind, Gaspar Noé, Iñaki Alforja e Pablo Iraburu achegámonos aos universosparticulares de distintas artistas que entenden a danza como unha disciplina expresiva etransformadora.

Unha oportunidade de conectarmos coa danza a través da pantalla.

As sesións desenvolveranse nos horarios habituais dos Cines Fórum Metropolitano. Ademais, todos os sábados na sesión das 17:15h, haberá un encontro/coloquio despois daproxección co equipo de Programación Expandida do TRC Danza.

  • Bobbi Jene (13, 14 e 15 de maio) Baixo a mirada de Elvira Lind, vivimos o regreso da bailarina estadounidende Bobbi Jenne ásúa terra natal, tras pasar 10 anos vivindo e traballando en Israel, baixo a dirección de deOhad Naharin na Batsheva Dance Company. O documental, retrata a arriscada búsqueda da independencia creativa da bailarina dendeunha ollada íntima e honesta. Unha viaxe onde o amor e a ambición por lograr un soño, seapoderan do espectador a través da danza.

Dirigido por: ELVIRA LIND

Nacionalidad: Dinamarca  Duracion:  94 min. 

Documental 

Calificación Pelicula: APTA PARA TODOS LOS PÚBLICOS 

Versión original: INGLÉS 

  • Clímax (20, 21 e 22 de maio) O polémico filme do director arxentino Gaspar Noé, transpórtanos a unha festa onde ungrupo de bailarines toma accidentalmente LSD mezclado con sangría. Os efectos que istoproduce neles, achégannos a diversas situacións extremas onde o terror e a confusión sono fío condutor. Unha aposta arriscada, que nos achega ao corpo dende unha realidade máis alternativa enon formal. A danza preséntase como disciplina relacional ocupando os momentos decelebración e clímax.

Dirigido por: GASPAR NOE

Nacionalidad: Francia 

Duracion: 96 min. 

Intérpretes: SOFIA BOUTELLA , GISELLE PALMER 

Calificación Pelicula: NO RECOMENDADA PARA MENORES DE DIECIOCHO AÑOS 

Versión original: VARIOS

  • Oskara (27, 28 e 29 de maio) Iñaki Alforja e Pablo Iraburu, acompañan ao coreógrafo Marcos Morau, na súa chegada ao País Vasco durante a creación do espectáculo Oskara coa compañía Kukai Dantza.O documental achegános á cultura tradicional vasca a través da súa "dantza" e das súastradicións. O proceso creativo e a identidade cultural, son o fío conductor deste fermosodocumental, que recolle de forma moi cercana, o traballo da compañía vasca co coreográfo valenciano.

Dirigido por: Pablo Iraburu Allegue, Iñaki Alforja Sagone 

Nacionalidad: España 

Duracion: 72 min. 

Calificación Película: TODOS LOS PÚBLICOS 

Versión original: EUSKERA

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662867109

Venda no despacho de billetes do Forum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)

Venda no despacho central da Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a a18:00h e venres de 10:00h a 15:00h (agás festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión