Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de julio de 2022

Este ano volve o formato clásico sen limitación de capacidade e o formato terraza con posibilidade de consumo de bebidas

Cinenterraza leva de novo o cinema en 35 mm e os coloquios ao Fórum Metropolitano no décimo aniversario do seu formato ‘Cult Movies’

As sesións comezarán mañá mércores ás 22.30 horas, cunha ecléctica proposta que incluirá títulos como "Dracula", "Robocop" ou "The Fly", comentados por convidados de primeira liña do ámbito da dirección, a produción, a interpretación, a literatura ou o xornalismo e a divulgación

O Fórum Metropolitano acollerá un ano máis o ciclo Cinenterraza, que cumpre unha década do seu formato 'Cult Movies', con proxeccións de títulos lendarios de todas as épocas e estilos en 35 mm para gozar do cinema no formato no que foi concibido. Incluiranse de novo os coloquios, nos que participarán convidados de primeira liña do ámbito da dirección, a produción, a interpretación, a literatura ou o xornalismo especializado e a divulgación. Ademais, tras as restricións pola pandemia nas últimas dúas edicións, volverase á capacidade habitual e en formato terraza, con posibilidade de consumo de bebidas. 

As entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com, así como no despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h, e no despacho de billetes do Fórum desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles). O prezo será de 3 euros por entrada, e de 2 euros para carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas.

O ciclo de cine de culto desenvolverase entre os días 6 e 28 de xullo, en oito sesións que comezarán ás 22.30 horas. Na primeira cita, mañá mércores, participará Carlos Ares, guionista, director e produtor, que presentará "Dracula" de Terence Fisher, obra magna da produtora Hammer. O xoves 7 será a escritora Blanca Riestra a encargada de presentar o western "Johnny Guitar" (Nicholas Ray, 1954) e de falar de arquetipos, mulleres e pistolas e da súa última novela, "Aquí comeza o mar". Na xornada do mércores 13 participará a actriz Cris Iglesias para falar de "Conte d'été" e dun dos mellores directores de actores, Eric Rohmer, e o xoves 14 a ilustradora Julia Lago acompañará o visionado dun dos filmes máis arrebatadores de Michael Powell e Emeric Pressburger,"Black Narcissus". 

A semana seguinte, na sesión do mércores 20 o xornalista musical Javier Becerra analizará a banda sonora de Ry Cooder para "Paris, Texas", outra auténtica obra mestra dirixida por Wim Wenders. O xoves 21 será o profesor de estética e escritor Alberto Ruiz de Samaniego o que guiará a viaxe á escuridade que é "The Fly", a obra mestra de David Cronenberg. Xa na semana final, o mércores 27 o cineasta de destacada traxectoria Alfonso Zarauza comentará o máis fermoso testamento cinematográfico de John Huston, "Dublineses". E para rematar o ciclo, a divulgadora científica Deborah García Bello, analizará o xoves 28 ese monumento á diversión que é "Robocop", de Paul Verhoeven.

Programa de filmes e conferenciantes convidados

  • Mércores 6: Drácula (Terence Fisher, 1958). Convidado: Carlos Ares (guionista, director e productor) 
  • Xoves 7: Johnny Guitar (Nicholas Ray, 1954). Convidada: Blanca Riestra (escritora).
  • Mércores 13: Conte d'èté (Eric Rohmer, 1996). Convidada: Cris Iglesias (actriz) 
  • Xoves 14: Black Narcissus (Michael Powell, Emeric Pressburger, 1947). Convidada: Xulia Lago (artista e debuxate de cómic) 
  • Mércores 20: Paris, Texas (Wim Wenders, 1984). Convidado: Javier Becerra (xornalista musical). 
  • Xoves 21: The Fly (David Cronenbegr, 1986). Convidado: Alberto Ruiz de Samaniego (escritor e filósofo). 
  • Mércores 27: Dublineses (John Huston, 1987). Convidado: Alfonso Zarauza (cineasta).
  • Xoves 28: Robocop (Paul Vewerhoeven, 1987). Convidada: Deborah García Bello "Deborahciencia" (química e comunicadora científica).

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión