Concello da Coruña

Concello da Coruña

Circlassica | El sueño de Miliki

Productores de Sonrisas, creadores de Circo de Hielo e Circo Mágico, tráenche o seu novo espectáculo, Circlassica, el sueño de Miliki, unha preciosa viaxe á nostalxia e á ilusión dirixido por Emilio Aragón.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Os días 13/10/2022, 14/10/2022, 15/10/2022, 16/10/2022

Xa rematou

Horario:

  • xoves, 13 de outubro de 2022 | 18.45
  • venres, 14 de outubro de 2022 | 18.45
  • sábado, 15 de outubro de 2022 | 12.00
  • sábado, 15 de outubro de 2022 | 16.30
  • sábado, 15 de outubro de 2022 | 19.30
  • domingo, 16 de outubro de 2022 | 12.00
  • domingo, 16 de outubro de 2022 | 16.30
  • domingo, 16 de outubro de 2022 | 19.30

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

PDS e Amigos AIE

Miliki é un neno de 7 anos que soña con ser pallaso. Unha noite escribe o seu desexo no Libro de todas as Viaxes e o seu poder é tan forte que o seu mundo se enche de luz, son e cor: acróbatas, músicos e trapecistas inundan o seu universo.

Entre todos eles destacan Don Pepito e Don José, dous personaxes requetefinos e medio tolos que lle axudarán a conseguir o seu ansiado nariz de pallaso, e Astracán e Tosca, os príncipes da anticomedia, que farán todo o posible por desviar ao pequeno Miliki do seu marabilloso camiño.

Circlassica é un espectáculo circense para toda a familia que pretende axudarnos a reencontrarnos con ese neno que levamos dentro e poder compartir cos máis pequenos e pequenas da casa eses momentos que marcaron a nosa infancia.

Vídeo promocional

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente días de espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión