Concello da Coruña

Concello da Coruña

Colmeiro. Cor e sentimento

Colmeiro. Cor e sentimento é un proxecto da Fundación Luís Seoane comisariado pola artista Mónica Alonso que analiza a importancia da cor na obra de pintor galego a través de case cen pezas, a maior parte óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/12/2021 ata o 17/04/2022

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Contacto:

Fundación Luís Seoane

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

San Francisco 27, 15001 A Coruña España

Para Manuel Colmeiro, a linguaxe elemental da pintura é a cor, non a forma. Esta formulación, xunto cunha serie de temas recorrentes, son as ferramentas que o artista utiliza para representar a Galicia, protagonista absoluta da súa obra. A exposición establece un percorrido a través dos seus azuis e verdes, básicos na súa pintura; dos amarelos e laranxas que emprega para a luz, para iluminar a roupa e para expresar emocións como a alegría; dos vermellos, utilizados como contraste; dos marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e negros do rigor da existencia e do horror da guerra...

Máis aló da cor, a exposición transcorre a través de diferentes seccións que se deteñen nos motivos máis frecuentes na obra do pintor, como o bodegón, as maternidades ou as paisaxes; e noutras cuestións de especial interese, como a melancolía e a tristeza que percorren o seu traballo ou a simbiose entre espazo interior e exterior.

Seoane e Colmeiro, punto de encontro

Para Seoane e Colmeiro, o muralismo ofrece unha nova linguaxe visual, universal e accesible para todo tipo de público. Esta sección reúne varios dos bosquexos que ambos os artistas realizaron para os seus murais, xunto cunha selección de debuxos dos anos 30 que mostran a ruína e a desolación da guerra.

A exposición inclúe ademais dúas pezas audiovisuais realizadas expresamente para este proxecto: Código Colmeiro, dirixida por Alberte Branco e Adrián Canoura; e unha proxección sobre a intervención de Manuel Colmeiro no mural das Galerías Pacífico de Buenos Aires.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión