Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Pablo López. Mayday & Stay Tour

"UNIKORNIO – Once millones de versos después de ti" é o esperado novo disco de Pablo López.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/07/2021 ata o 10/07/2021

Xa rematou

Horario:

22.00 h (apertura de portas: 21.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Cadeiras pista (Filas 1 a 10): 48,00 €

Cadeiras pista (Filas 11 a 30): 45,00 €

Tendido baixo: 42,00 €

Tendido medio: 38,00 €

Mobilidade reducida: 38,00 €

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Producciones Coruñesas SL

É o rexurdir das cinzas, unha viaxe ao encontro dunha luz que sempre estivo aí. A nova obra mestra do malagueño é o cuarto álbum que publica e está concibida como se fose un guión dunha película que consta de dúas partes. A primeira é MAYDAY (código de emerxencia) e a segunda STAY ("quedo"). "La niña de la linterna" é a canción que guía a luz deste disco, onde a queima do piano que toca López e as cinzas que se xeran del adquiren un protagonismo especial, pois delas rexurdirá, cal ave fénix, o novo de Pablo López. Grandilocuencia musical nas 10 cancións que forman esta nova aventura de Pablo López compostas e producidas polo propio artista entre Los Ángeles, Las Vegas, Barcelona e Madrid e das que xa coñecemos "Mámano", "Mariposa" e "KLPSO". Este disco tamén conta coa participación da London Metropolitan Orchestra dirixida por Andy Brown desde os míticos estudos de Abbey Road.

**As/os menores de 16 anos só poderán acceder ao recinto acompañados da nai, o pai ou titor/a legal. Pode descargar a autorización na seguinte ligazón:

Autorización de acceso menores 16 anos - Pablo López 09-10.07.2021

VENDA DE ENTRADAS

Desde o 14 de xuño de 2021 ás 16.00 h

Despacho de billetes da pza. de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h / Venres de 10.00 a 15.00 h

Despacho de billetes do Coliseum: día de concerto desde as 17.00 h

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662 867 109

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión