Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso "Nadal Deportivo e Creativo" 2021

A Concellaría de Deportes convoca o tradicional concurso de debuxo e manualidades “NADAL DEPORTIVO E CREATIVO” dirixido ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais que só terá que poñer en marcha as súas habilidades creativas e imaxinar un Nadal o máis deportivo posible.

A quen vai dirixido?:

Alumnado das Escolas Deportivas Municipais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/11/2021 ata o 07/01/2022

Xa rematou

Enderezo:

Parque Manuel Murguia s/n. 15011 A Coruña

Organiza:

Concellaría de Deportes

Servizo Municipal de Deportes

Documentos:

Bases concurso Nadal deportivo e creativo 2021 (223 KB)

Formulario de participación concurso Nadal 2021 (139 KB)

MODALIDADES

Concurso de debuxo "O DEPORTE E O NADAL":

Participantes: alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais nados entre 2009 e 2015.

Tema: a tarxeta combinará as temáticas alusivas ao Nadal e o Deporte, valorándose a orixinalidade e a capacidade creativa.

Formato: libre, cunhas dimensión máximas de 210x297mm. (A4) e poderase realizar tanto en vertical coma en horizontal. O soporte material será papel, cartolina ou tea e a técnica a empregar libre, podendo usar calquera estilo e material, sen restrición de cores.

A tarxeta deberá ser inédita e estar executada, necesariamente, polo alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais.

Límite por persoa: presentarase soamente unha tarxeta por participante e sen firma.

Lugar de presentación: A tarxeta entregarase nas instalación deportivas municipais de C.D. da Torre, Barrio das Flores ou C.D. de Riazor, en horario de 08:30-23:00 de luns a domingo.

Prazo de presentación: ata o 10 de decembro de 2021 ás 15:00 horas.

Forma de presentación: A tarxeta deberá ir acompañada do formulario de participación cumprimentado que figura como Anexo desta convocatoria, todo dentro dun mesmo sobre tamaño A4 pechado.

Concurso de creatividade "ADORNO DE NADAL".

Participantes: unidades familiares, co único requisito é que un dos membros que a compoña sexa alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais.

Tema: o adorno combinará as temáticas alusivas ao Nadal e o Deporte, valorándose a orixinalidade e a capacidade creativa.

Formato: libre, cunhas dimensión máximas de 1x1x1m (1m3) empregando obrigatoriamente materiais reciclados. O adorno deberá ser inédito e estar executado, necesariamente, polo alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais, podendo ser asistido por un familiar.

O soporte material será libre, podendo usar calquera técnica e material sempre que sexa reciclado, sen restrición de cores e permitíndose a súa mellora con pintura, purpurina ou algún outro acabado, preferiblemente respectuoso co medio ambiente.

Límite por persoa: presentarase soamente un adorno por participante e sen firma, se ben este pode estar composto por varias pezas (por exemplo, no caso de un nacemento).

Lugar de presentación: O adorno entregarase nas instalación deportivas municipais de C.D. da Torre, Barrio das Flores ou C.D. de Riazor, en horario de 08:30-23:00 de luns a domingo.

Prazo de presentación: ata o 10 de decembro de 2021 ás 15:00 horas.

Forma de presentación: O adorno deberá ir completamente montado e acompañado do formulario de participación cumprimentado que figura como Anexo desta convocatoria, todo dentro dunha caixa pechada.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Todos os traballos presentados serán expostos na entrada do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor dende o día 17 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, podéndose ampliar a outras instalacións municipais en función do volume de participación.

ELECCIÓN DO DEBUXO E DO ADORNO GAÑADOR

Para a elección do gañador ou gañadora de cada modalidade constituirase un xurado composto por 5 persoas que formarán parte da Concellaría de Deportes e que realizarán unha votación mediante sobre pechado o día 15 de decembro ás 11:00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor. O fallo será inapelable.

PREMIO

O gañador ou gañadora de cada modalidade recibirá un Diploma de recoñecemento e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés. O gañador ou gañadora de cada modalidade será contactado telefonicamente para informarlle do resultado da decisión do xurado e convocado para a entrega do premio o 17 de decembro de 2021 ás 19:00 horas na entrada do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor, coincidindo coa inauguración da exposición.

Tanto o adorno coma a tarxeta premiados quedarán en poder da Concellaría de Deportes, que se reserva o dereito de reproducir, empregar e publicar por calquera medio.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión