Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conferencia de Jorge Moreno sobre Memoria histórica

Conferencia "Memoria histórica", acto de clausura da exposición “As pequenas cousas”

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/11/2020

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

45 minutos de conferencia + 30 minutos de preguntas

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

Capacidade reducida a 30 persoas

Prezo:

gratuíta ata completar a capacidade

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Quen garda as fotografías familiares nunha casa? Como circulan dentro do espazo doméstico? Que ocorre cando pertencen a aqueles/as que padeceron a violencia política? Por que nunhas casas perviven e noutras desaparecen? As fotografías das vítimas da guerra civil española e a posguerra tiveron e teñen unha vida marcada e definida por este drama. Nesta charla descríbense e analízanse os seus usos e os seus tránsitos, irremediablemente sometidos á mediación da represión franquista nas súas diversas formas: asasinato, desaparición, prisión ou exilio. Indagando desde a súa materialidade, estas imaxes fálannos, a través das súas costuras, amputacións, notas, retoques e agochos, das prácticas e dos desprazamentos interxeracionais que fan posible a transmisión da memoria traumática. Desta maneira, podemos observar como a vida social das fotografías obxectiva os procesos do dó, a xestión feminina da historia familiar e os seus segredos, as estratexias de disimulo na comunicación co cárcere ou no exilio, os sentimentos de pertenza ou de esperanza etc. Este volume proponlles ás persoas lectoras unha ruta particular por alcobas, petos, salóns, cemiterios, celas e caixóns, seguindo sempre o rastro dunha fotografía. Un itinerario por lugares, pero tamén por superficies e relatos, en que se busca constantemente o sentido da imaxe.

- Jorge Moreno Andrés

Doutor en Antropoloxía Social e Cultural con especialización en Antropoloxía da Imaxe. Director do proxecto de investigación Mapas de Memoria da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), onde tamén é profesor do Departamento de Antropoloxía. Entre as súas publicacións destaca El duelo revelado. La vida social de las fotografías familiares de las víctimas del franquismo (CSIC, 2018) que foi Premio Nacional de Edición Universitaria á mellor monografía de arte e humanidades no ano 2019. Foi comisario da exposición "Ante el umbral" de Clemente Bernad no Museo Reina Sofía, e da exposición itinerante "Las pequeñas cosas". Dirixiu durante cinco anos o Certame Internacional de Cinema sobre Migración e Exilio (México). Como fotógrafo e cineasta, realizou ensaios fotográficos como The Pig Slaughter (2013) ou películas documentais como What Remains (2015).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión