Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias Arte e Ciencia: Escher

A Exposición "Converxencias Arte e Ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/01/2023 ata o 27/01/2023

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Organiza:

IGACIENCIA e Servizo Municipal de Educación

Unha exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de enganchar a xente nova no gusto pola ciencia, á vez que se pretende contribuír a:

  • Fomentar na xente nova unha relación, distinta da habitual, co coñecemento, para propiciar o seu desenvolvemento harmonioso e integral. Romper os límites disciplinares e potenciar a integración da ciencia con outras áreas de coñecemento, propiciar o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas).
  • Analizar as semellanzas e diferenzas na construción do coñecemento nas artes e na ciencia. Explorar e visualizar conceptos matemáticos a través da arte. Recoñecer o papel das matemáticas, especialmente da xeometría, na base dalgunhas propostas artísticas e na arquitectura contemporáneas.
  • Aprender a gozar coa beleza da arte e da ciencia; aprender a mirar e interpretar a realidade a través da arte e da ciencia.

O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937.

+ Información : igaciencia.eu

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión