Concello da Coruña

Concello da Coruña

Corufest Microspectivas dun marica millennial

Microspectivas dun marica millennial nace das conversas con Luís e Martín. Nace da intimidade compartida. Desa intimidade máis persoal: a infancia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/10/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao teatro unha vez que comece a función.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

10.00 €

Descontos para carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: - 20 %

Descontos para familia numerosa: -25 %

(É imprescindible mostrar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro)

(Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada)

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

O concepto base do proxecto é a memoria. Un recordo que reaparece cando Luís e Martín falan das fotografías de cando eran pequenos.

Do libro de Little Joe "Me acuerdo, 23 memorias de 23 hombres gay". En homenaxe ao auténtico "Me acuerdo de Joe Brainard". De "We can be heroes" de Roberta Marrero.

Nace da necesidade de atopar as accións, os movementos, a poesía e a música que ferven na memoria máis física da miña infancia marica.

Microspectivas dun marica millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar as certezas impostas que predestinan a construción da identidade.

A partir da música e as artes do movemento, Microspectivas dun marica millennial ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente.

Compañía: INCENDIARIA

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum: día do espectáculo desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Para mercar entradas en liña pulse aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión