Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cultura a cuberto: Cabaré Cascarilleiras

Representación de "Cabaré Cascarilleiras" por parte de Bolboretas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/12/2020

Xa rematou

Horario:

21:00 h 

* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Con convite 

Retirada de convites en corunacultura.sacatuentrada.es

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Recuperación da figura de destacadas integrantes femininas da cultura coruñesa a través da historia, nos ámbitos do deporte, as artes plásticas, as artes escénicas, a música e a literatura. Recreación da súa vida e obra dende o cabaré, nun espectáculo para todos os públicos con intención formativa e performativa. A través da comedia e o drama, e contando cunha equipa multidisciplinar, daráselles un lugar na memoria da cidade a estas mulleres pioneiras, tan necesarias como esquecidas. Un grupo de coñecidas artistas coruñesas será o encargado de lles dar vida ás nosas protagonistas, nun relevo xeneracional de mulleres a través da arte. Os puntos fortes do espectáculo serán unha estética elegante, coidada e orixinal, unha variedade de números sorprendentes e distintos, e o protagonismo absoluto da cidade da Coruña, berce de tantas mulleres bravas que fixeron unha historia que nosoutras, as coruñesas de hoxe, queremos continuar.

  

  

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión