Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso regular a cargo de Carlos Villarino

Este curso vai dirixido tanto a aquelas persoas que desexan empezar desde os inicios, como a aquelas que buscan seguir formándose no mundo da interpretación actoral.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/03/2019 ata o 25/06/2019

Xa rematou

Enderezo:

Rúa Eugenio Carré Aldao.

Prezo:

70 euros ou mes

Pagarase unha matrícula co importe dunha mensualidade (70 euros) que poderá ser empregada como pago do último mes.

Os alumnos e as alumnas matriculados/as en calquera dos cursos da Sala 303 teñen as seguintes vantaxas: desconto noutros cursos da sala, poder asistir como oíntes a todos os cursos da sala, contan cun coaching persoal non caso de precisalo para algunha proba.

Organiza:

Sala 303

Contacto:

Sala303.cursosemanal@gmail.com

Tlfno. e WhatsApp:

657 539 382

Páxina web:

Www.Sala303.Com

A dinámica da clase permítelles a aquelas persoas que se achegan ao teatro por primeira vez, familiarizarse coas ferramentas principais do oficio, e aos que xa teñen máis experiencia, ampliar as súas capacidades actorais e acadar a confianza necesaria para poder enfrontarse a un traballo profesional ou a unha proba de casting.

Carlos Villarino é actor profesional, formado en Arte dramática na RESAD, licenciado en Música e con formación en Mediación de conflitos. Foi actor protagonista na serie Urxencia Cero e TAC e traballou noutras series da TVG como O faro, Serramoura, Viradeira ou O sabor das margaridas. Tamén participou en outras nacionais como El final del Camino, Pulsaciones ou Vivir sin permiso.

Metodoloxía:

Na primeira parte da clase traballaremos coa expresión do momento a momento. A través do corpo e da voz expresaremos o noso presente inmediato, explorando a nosa parte máis mental, emocional ou instintiva. Axudados pola contención do grupo, e respectando sempre os tempos individuais, aproveitaremos este traballo para deixar saír aquilo que non nos permitimos dicir ou facer nun contexto cotián. Iremos saíndo pouco a pouco da nosa zona de confort permitíndonos estar abertos e dispoñibles para o traballo actoral. A segunda parte da clase dedicarase á realización de escenas e monólogos. Analizaremos a estrutura, o contexto, as motivacións dos personaxes etc... Seremos conscientes, tanto do que nos pasa como actores como do que nos pasa como personaxes, atopando camiños para que ambos os dous planos se retroalimenten creando interpretacións con alto sentido de verdade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión