Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dequenvessendo

Dequenvessendo é un grupo de música galega que nace no 2016 no seo da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto baseado nos cuartetos de música tradicional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/06/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

12'00, 10'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%)

(Familia numerosa -25 %. Desconto sólo aplicable nos despachos de billetes)

* Unha vez comenzado o concerto non se permitirá o acceso á sala

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

No seu inicio, estaba formado por Bieito Romero Diéguez, Miguel Ocampo Bermúdez e os irmáns Miguel e Pablo Rosales Reboiras. Pouco a pouco comezan a introducirse no folk inspirados no xeito de facer música de grupos como Luar na Lubre, Milladoiro, Silly Wizard ou The Tannahil Weavers, claramente enmarcados no folk celta atlántico. Durante este tempo o grupo participou en numerosas foliadas de prestixio como os Cantos de Taberna de Folgoso do Courel ou a Foliada da Fonsagrada. Foron convidados no ano 2017 a tocar no acto inaugural da Exposición do XXX Aniversario de Luar Na Lubre, tamén nun concerto-conferencia realizado na sede central da Fundación Paideia en A Coruña, no II Festival Lágrimas de San Lorenzo, en Pumarín (Balboa), nas Festas de Bardaos (San Sadurniño) ou na 34º Edición do Festival da Carballeira de Zas entre outros... O primeiro concerto que fixo o grupo fóra de Galicia foi na Noite de San Xoán de 2017 en Cubillos del Sil (O Bierzo), nesta actuación entenden a necesidade de incorporar máis instrumentistas para enriquecer a musicalidade do grupo, e na I Romería de Sisalde (Arteixo), uns meses máis tarde, incorpórase ao grupo o guitarrista Natahel Regueiro. No ano 2018, nun concerto nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña), o grupo acada a súa formación actual, coa incorporación de Irene Cerqueiro como vocalista e instrumentista. Durante o tempo que leva o grupo en actividade tiveron a ocasión de participar en numerosos concertos entre os que son a destacar: I Romería de Esgos (Ourense), II e III Romería de Pastoriza (Arteixo), XXVI Magosto de Balboa (O Bierzo), Pub a Cova Céltica (A Coruña), no Hotel Bela Fisterra (Fisterra), I Edición de BioCultura no recinto de ExpoCoruña (A Coruña), e de forma regular na programación cultural da Casa das Crechas (Compostela) onde actuaron en repetidas ocasións cun notable éxito... Na actualidade o grupo está clasificado para participar no Festival de Ortigueira dentro do Proxecto Runas 2019 xunto ao grupo de música celta murciano Túa e os xaponeses Yuki Kojima Band.

BIEITO ROMERO  Gaita, frauta traveseira

IRENE CERQUEIRO  Voz, frauta traveseira, teclado

PABLO ROSALES  Whistle, zanfoña, gaitas

NATAHEL REGUEIRO  Teclado, guitarras

MIGUEL OCAMPO  Percusión

MIGUEL ROSALES  Acordeón diatónico, teclado

Venda de entradas

Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Web: https://www.eventbrite.es/e/entradas-dequenvessendo-presenta-canto-das-xacias-97051075379?aff=ebdssbdestsearch

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión