Concello da Coruña

Concello da Coruña

Desmontando a Séneca

"Por motivos de saúde, foi necesario cancelar a representación de Desmontado a Séneca, prevista no Teatro Colón os días 8, 9 e 10 de outubro de 2021. As persoas que adquirisen as entradas correspondentes deberán dirixirse, coas súas entradas impresas, ao despacho de billetes da praza de Ourense, entre os días 27 de setembro e 13 de outubro de 2021, para solicitar a devolución do seu importe." A devolución realizarase previa presentación do dni do comprador.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/10/2021 ata o 10/10/2021

Xa rematou

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

día 8 - 20.30 h.

día 9 - 12.30 h.

día 10 - 18.00 e 20.30 h.

Duración:

90 min

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 25,00 €

Palco central: 25,00 €

Palco lateral: 20,00 €

Principal: 18,00 €

1ª fila Principal (visibilidade reducida): 16,00 €

* Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas

* Desconto do 25% para familia numerosa

* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo

**Os descontos non son acumulables

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Txalo Produkziok SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Jorge Javier Vázquez quere dar un discurso. Pero non un discurso calquera, non, para nada. Un discurso sobre o libro Da brevidade da vida, de Lucio Anneo Séneca, o gran filósofo cordobés. ¿A razón?

Cansado de que todo o mundo considere frívola o seu labor en televisión, e despois de sufrir un ictus, cre que chegou o momento de poñerse serio e compartir co público algunhas das cuestións fundamentais que nos preocupan a todos: ¿que é a vida?; ¿que facemos para aproveitala?; ¿malgastamos o noso ben máis prezado, o tempo? Con todo, e a pesar dos constantes esforzos de Jorge porque a súa charla vaia por uns camiños rigorosos e profesionais, unha sucesión de catastróficas desdichas, que el deberá aguantar con ese estoicismo que Séneca predica e que el quere adoptar, farán que o seu discurso se vaia convertendo nunha auténtica romaría. E é que, xa que a vida é tan breve, ¿non debemos tentar que, polo menos, sexa o máis divertida posible?

Intérprete: Jorge Javier Vázquez.

Texto: Lucio Anneo Séneca, Luís Miguel Serrano e Juan Carlos Rubio.

Dirección: Juan Carlos Rubio.

Coas voces de Dani Muriel, Belén González, Inma Mira, Julia Awad Mira, Isabel Romeu de León, Bernabé Rico, Esperanza Graza e Kiti Mánver.

Duración: 90 min Espectáculo en castelán

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h

Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662867109

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión