Concello da Coruña

Concello da Coruña

Divinas palabras: Revolution

Unha producción do Centro Dramático Galego a partir da obra de Ramón María del Valle-Inclán

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/06/2018 ata o 09/06/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ticketea

Despois da produción en 2017 da primeira versión en galego de Martes de Carnaval, nesta temporada continuamos afondando na obra de Valle-Inclán coa posta en escena dun dos seus grandes clásicos teatrais: Divinas palabras.

A aproximación do Centro Dramático Galego a esta peza, que virá asinada por Xron e interpretada por un elenco de nove actrices e actores.

Este novo proxecto rastrexará a vixencia das palabras de Valle, sempre na procura dun imaxinario actual e coa implicación de parte do equipo habitual do grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014.

Coa posta en escena de Divinas palabras en galego saldarase ademais unha débeda pendente, xa que no momento da fundación do CDG hai 33 anos, non se puido levar a escena este título ao non dispoñer dos dereitos para a tradución da obra.

A consecuencia da morte de Juana, a súa irmá e a súa cuñada disputan a custodia do fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensa no benestar do neno, senón nos beneficios que poden acadar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta nova aproximación, Mari, Pedro, Simona, Marica, Tatoo_la, Migueliño, Candás, Lauri e Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade, que reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

Con Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Rios, Tomé Vieitez.

Versión de Manuel Cortés e Xron

Dirixido por Xron

Venda de entradas

Despacho de billetes central na Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Para mercar entradas para o venres 8 prema aquí

Para mercar entradas para o sábado 9 prema aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión