Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: Cachada

O ciclo da violencia é perverso, pero a forza do teatro é máis poderosa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/03/2020

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65 anos, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Organiza:

IMCE

Cinco vendedoras ambulantes do Salvador expoñen as súas vidas nun taller de teatro. Alá falan sobre as súas vivencias nos mercados e nos seus fogares, feito que lles permite revivir os traumas que sufriron ao longo da súa vida.

A través deste experimento liderado pola profesora Egly Larreynaga, estas mulleres -Magaly, Magda, Ruth, Chileno e Wendy- viven unha transformación profunda que lles permitirá descubrir a súa propia voz e darse conta dos efectos que provocou nelas e nos seus fillos a realidade violenta e machista que as rodea.

A través dos ensaios, esas mulleres solteiras e traballadoras serán conscientes de que o ciclo da violencia reprodúcese con facilidade en ambientes onde os fillos crecen sen asimilar a dor do pasado.

Despois de crear unha pequena compañía chamada "La Cachada Teatro", aceptan o reto de crear unha obra profesional interpretándose a elas mesmas para explicar as súas historias e experiencias vitais. Un proceso catártico, sincero e liberador que reflicte a valentía desas mulleres para afrontar o seu pasado e os segredos máis profundos cunha xenerosidade esperanzadora.

  • Dirección: Marlén Viñayo
  • Protagonistas: Evelyn Chileno, Rith H. Vega, Magdalena Henríquez, Wendy Henríquez, Magaly Lemus, Egly Larreynaga.
  • Produción: Marlén Viñayo, Andre R. Guttfreund, Ingrid Stalling
  • Fotografía: Marlén Viñayo, Carla Molina
  • Edición: Fran Barba
  • Deseño de son: Eduardo Cáceres
  • Distribución: DocsBarcelona Distribution
  • Cualificación por idades: non recomendado para menores de doce anos - especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero.
  • Ano: 2019 - 82 min. O Salvador
  • VO en castelán, subtitulada en castelán.

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

www.eventbrite.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión