Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs. do mes: Mothers

As mellores estreas de cinema documental durante todo o ano!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/12/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

62 minutos

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2.50 €

(carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*Imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada en despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o evento deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

A lexislación de Marrocos tipifica como delito as relacións sexuais fose do matrimonio e unha muller pode ser condenada a prisión se queda embarazada sen estar casada. O aborto tamén é ilegal, só está permitido cando o embarazo pon en risco a saúde da muller e o home debe dar o seu consentimento. Moitas mulleres novas atópanse nunha situación de vulnerabilidade e, a miúdo, non se atreven a explicar o embarazo ás súas familias por medo ao rexeitamento. A asociación Oum O Banine, liderada pola carismática Mahjouba Edbouche, loita contra unha realidade inxusta que é silenciada por altofalantes mediáticos do reino marroquí. Dirección: Myriam Bakir

Marrocos, Francia - 2020

VO en dialecto marroquí e bereber con subtítulos en español

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: http://ataquilla.com

Despacho de billetes Pza. Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Centro Ágora: día de proxección desde unha hora antes (unicamente se quedan localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión