Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: O retorno. A vida despois do Isis

As mellores estreas de cinema documental durante todo o ano!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/10/2021

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2.50 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada no despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

O acceso exclusivo de Alba Sotorra ao campor da o-Roj, no noroeste de Siria móstranos a dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. Shamima Begum (Reino Unido) e Hoda Muthana (EUA) marcharon dos seus países manipuladas pola propaganda terrorista e o odio das redes sociais. ¿O arrepentimento sincero merece unha segunda oportunidade? ¿Pódese xustificar que os países occidentais acepten o retorno dos seus fillos, pero rexeiten que as súas nais poidan volver? A directora catalá esfórzase por comprender os matices dunha situación complexa e delicada. Dirección: Alba Sotorra

Reino Unido - 2021

VO en inglés e kurdo con subtítulos en español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes de Agora: unicamente días de espectáculo desde 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 18:00h e os vienres de 10:00h a 15:00h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión