Concello da Coruña

Concello da Coruña

Elas son artistas – FREEDONIA. Soul Power

O V ciclo metropolitano de Música e Artes pola Igualdade Elas Son Artistas coa colaboración do Concello da Coruña ofrécenos a posibilidade de vivir un reencontro musical moi esperado: Freedonia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/09/2022

Xa rematou

Horario:

21.00 h

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea, Palco central + Palco Real + Palco lateral: 18,00 €

Principal 15,00 €

- Prezo con desconto: desconto do 20 % para carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25 % para familia numerosa

Requisitos:

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

10d10 Solucións Acertadas S.L.L

A súa primeira visita á Coruña foi hai case 10 anos coa presentación do seu primeiro disco na Sala Mardi Gras. Posteriormente actuaron no centro Ágora, varias veces no Praia Club e no escenario da praia de Riazor no Festival Noroeste Estrella Galicia facendo bailar co seu soul a milleiros de persoas.

Freedonia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro cuxo propósito é facer música sen as ataduras asociadas aos rigores da industria. Desta maneira establecemos pontes de participación coas persoas que queiran colaborar no proxecto, o que xera unha comunidade cultural aberta e un público tan involucrado que xa forma parte da nosa familia. E é que non todo o mundo ten a sorte de contar con catro discos financiados integramente polo público.

Grazas a este esforzo colectivo, Freedonia conseguiu ser unha banda de referencia na escena musical nacional, que ademais de ofrecer un directo demoledor e produtos fonográficos de calidade, demostra que outra forma de facer as cousas é posible.

En 2012 gravaron o seu primeiro disco "FREEDONIA", dous anos despois "Dignity and Freedom", en outubro de 2017 editouse o dobre LP "Shenobi" e en novembro de 2019 presentaron o seu último lp "Conciencia". Todos eles autoproducidos, gravados en directo a analóxico e editados en vinilo, sempre coidando o detalle co máximo agarimo. En 2022 regresan con novos single e enerxías renovadas tras a pandemia.

Nos nosos traballos sempre buscamos reflectir as nosas inquietudes, tratando de poñer en valor conceptos como dignidade, liberdade, xustiza, igualdade, respecto... porque cremos firmemente que a música tamén pode facer do mundo un lugar mellor para todos.

A música de Freedonia soou en grandes festivais como Bozar (Bélxica), Eysines goes Soul, Relache Festival (Francia),Timitar Festival (Marrocos), Imaxina Funk, Festival Noroeste, Visa for África, Nocturama, Cultura Inquieta, Slap!, Music Port Fest Valencia, Actual... pero o seu maior orgullo é que poñer a nosa música ao servizo da xente, colaborando con ONG´S e en proxectos sociais de diversa índole.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente días de espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión