Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

EMHU. Encontro Mundial de Humorismo

COMUNICADO OFICIAL - EMHU

Cando:

Dende o 19/09/2020 ata o 27/09/2020

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Enderezo:

Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Ola a todos e todas.

Como sabedes, gustaríanos estar agora mesmo cos últimos retoques do Encontro Mundial de Humorismo que se ía realizar do 2 ao 10 de maio de 2020. É máis que evidente que non será así e os que ían ser días ilusionantes, convertéronse nunha loita diaria por tratar de adaptarnos ás novas medidas do Goberno que se van matizando a medida que avanza a alerta sanitaria pola COVID-19.

Estivemos esperando para vos ofrecer unha información ás persoas asistentes que fose o máis fiable e estable posible pero, dada a situación de incerteza, pensamos que o máis honesto é que teñades toda a información que temos á nosa disposición.

Desde que se anunciou o estado de alarma o 13 de marzo, os nosos días de traballo aumentaron as súas horas -coa colaboración de todas e todos os artistas, espazos e patrocinadores institucionais e privados- para conseguir reaxendar practicamente o 100% das actividades programadas. Tamén empregamos este tempo para tratar de poñer ao voso dispór a opción de devolución dun xeito cómodo, sinxelo e inmediato para quen precise recuperar o importe, por un ou outro motivo.

Hoxe, podemos polo menos anunciar que a nosa nova data será do 19 ao 27 de setembro. En emhu.es iremos actualizando hoxe os novos horarios e as datas de cada show, para que poidades revisar se vos é posible asistir. Pero tamén sabemos que as medidas gobernamentais para eventos culturais e deportivos aínda non se anunciaron, así como tampouco sabemos as condicións sanitarias que teremos en setembro. Por iso, traballamos nunha segunda data alternativa; por tanto, se en setembro non fose conveniente realizar o evento, porque non fósemos capaces de garantir a seguridade e benestar para público, artistas e traballadores/as, o Encontro pasaría a realizarse en maio de 2021, volvendo ás súas datas orixinais e mantendo a mesma programación.

Non fai falta que vos digamos que esta situación nos quitou o sono polos compromisos adquiridos con patrocinadores, artistas, provedores etc. así como todo o que pode implicar tamén para todas e todos os que, dun xeito ou outro, facemos posible o festival: desde o propio staff, ás/aos traballadoras/es dos recintos que o acollen, patrocinadores privados e públicos, provedores externos... e mesmo o golpe que supón de forma colateral para a cidade da Coruña.

Aquelas persoas que desexen solicitar que se lles devolva a entrada poderán facelo a partir do próximo xoves, 30 de abril, seguindo os pasos que atoparedes na nosa web en https://emhu.es/gl/politica-de-reembolso-oficial/ Tamén podedes consultarnos calquera cuestión en info@emhu.es ou a través da sección Contacto da nosa web.

O período de devolución estará vixente ata 15 días despois da declaración da fin do estado de alarma.

Esperamos que a risa prevaleza e que saiamos reforzadas/os e que atopemos na volta á normalidade un mundo mellor para todas e todos.

Aproveitamos para agradecer o agarimo e comprensión de cada unha das vosas mensaxes; así como a confianza amosada polas/os preto de 15.000 asistentes á nosa 2.ª edición. O voso apoio dános folgos para seguir traballando no Encontro Mundial de Humorismo da Coruña.

GRAZAS a todos e todas de parte de todo o equipo do EMHU.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión