Concello da Coruña

Concello da Coruña

En palabras de Jo, Mujercitas

De Lola Blasco a partir da novela Mujercitas de Louisa May Alcott

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/11/2021

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

A partir da novela de Louisa May Alcott, falaremos da muller que se esconde en Mujercitas, ou mellor dito, das mulleres que se esconden tras a peza. Nesta obra, veremos o proceso de escritura dunha das pezas con máis sona de todos os tempos, peza que influíu en mulleres como Gertrude Stein, Patti Smith, Simone de Beauvoir e Joyce Carol Oates, entre outras. Partindo dun feito histórico, a censura que a autora sufriu sobre a súa obra en 1880 por parte dos seus editores, daremos conta da revolución que se esconde en Mujercitas, do conflito que a propia autora sufriu ao escribila, do que supón ser muller e ademais escritora na súa época, pero tamén nesta, a nosa época. En Mujercitas, asistiremos a unha nova lectura do clásico de Alcott, lectura na que se dará conta da valentía feminina, desas revolucións que, aínda que discretas, son capaces de cambiar unha época, de producir...movemento.

Reparto: Paula Muñoz, María Pizarro, Carolina Rubio, Clara Sanchís, Maite Sandoval, Andrea Trepat

Dirección: Pepa Gamboa

Deseño de espazo escénico: Antonio Marín

Deseño de iluminación: Juanjo Llorens (A.A.I.)

Deseño de vestiario: Guadalupe Valero

Composición música original: Luis Miguel Cobo

Compañia: ComoLaSeda

Venda de entradas

Despacho de billtes da Praza de Ourense:de luns a venres de 11 a 15 h​ e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Venda en liña: http://ataquilla.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión