Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición: "Eu son de aquí. María Casares", na Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Exposición itinerante arredor da traxectoria vital e artística de María Casares

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Asociacións, Docente/Centro escolar

Cando:

Dende o 27/10/2022 ata o 30/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

Luns, martes, mércores e venres: de 9:00 h a 20.30 h

Xoves: de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.30 h

Sábados: de 10:00 h a 14:00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

"Eu nacín aquí. Meus pais naceran aquí e mais meu avó paterno e a miña avoa paterna, e tamén a miña avoa materna e máis lonxe na miña ascendencia os meus antepasados e a súa proxenie."

Así se expresaba María Casares nas súas memorias "Residente privilexiada" referíndose á súa cidade, A Coruña.

As Bibliotecas Municipais da Coruña súmanse ao aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Casares para celebrar o Ano Internacional María Casares en 2022 cunha exposición itinerante polas Bibliotecas da Rede.

A exposición estará formada de 8 paneis ilustrativos que dan conta da traxectoria vital e artística da actriz coruñesa. O obxectivo é contribuír ao coñecemento desta importante e singular figura de orixe coruñesa que tivo gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX entre a poboación dos barrios da nosa cidade.

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión