Na actualidade as mulleres lesbianas seguen permanecendo invisibilizadas, con escasos referentes en calquera dos ámbitos da nosa sociedade e de aquí xorde a exposición “Pedras” da artista M.J Garrido
Para público en general
Desde el 03/07/2020 hasta el 31/07/2020
Ya ha finalizado
Lugar: Obelisco
Esta exposición, coa colaboración do concello da Coruña cedeuna a Les Coruña a Federación Estatal de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais (FELGTB) . A exposición, segundo a autora, é unha sorte de homenaxe ás mulleres maiores lesbianas que sufriron lesbofobia ao longo dos anos e tiveron a valentía de loitar contra ela. Ademais supón unha conmemoración do 50 aniversario da revolta en Stonewall, que supuxo un antes e un logo dos dereitos LGTBI.
Protagonistas de "Pedras" : Helle, editora e libreira (Barcelona), Rosa, empresaria LGTB e Dj (valencia), Mila, escritora (Valencia), Boti, activista LGTB (Madrid), Pomba, xornalista deportiva (Madrid), Susi e Clara, amante da fotografía e escritora (Alacante), Dani , directiva ferroviaria e tradutora (París), Marco e Silvia, amantes e activistas LGTB, Rosa, feminista, política e activista LGTB (Madrid), Maribel, activista LGTB (Madrid), M.ª Anxos e Chelo, amor novo na madurez da vida (Castalla), Carmelia e Rosa, mulleres sen barreiras (Castalla), Emilia e Carmen, cómplices (Barcelona).
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible