Materiais orixinais (ilustracións, maquetas, esculturas... )
Todos os públicos
Para público en general
Desde el 21/11/2022 hasta el 07/12/2022
Inauguración 21 de noviembre a las 19:30 h
Ya ha finalizado
de balde
981 184 293
forum@coruna.es
A mediados de 1996, a empresa Dygra, que ata entón se dedicaba á produción de contidos multimedia, emprende a aventura de realizar unha longametraxe de animación. Cun guión de Ángel de la Cruz, o equipo liderado por Manolo Gómez e integrado entre outros por Alberto Taracido, Juan Nouche, David López e Javier Raigada acomete o proxecto. Serán cinco anos de arduo traballo, nos que foi necesario innovar en moitos ámbitos e formar ao equipo técnico, xa que esta é a primeira película europea que se realizaba en 3D e non había profesionais formados nin en Galicia nin practicamente en Europa. Anos despois, moitos destes profesionais participan en grandes producións de cine de animación en todo o mundo. Para converter a historia orixinal de W. Fernández Flórez nunha película de animación tomáronse como referencias a antropoloxía, os bosques e a arquitectura galega. Dese o punto de vista visual os referentes foron pintores como Llorens, Sotomayor, as pinturas de Castelao, etc. Na posprodución traballouse para recrear a luz e o ambiente de Galicia. O obxectivo era que os espectadores de todo o mundo sentiran a "atmosfera" galega.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible