Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Familia sumergida", de María Alché

Debido ás novas restricións decretadas pola Xunta a película "Familia sumergida", de María Alché cambia de data e programarase os días 18, 19 e 20 de febreiro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/02/2021 ata o 20/02/2021

Este evento xa rematou

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Horario:

AVISO! * Debido ás novas restricións marcadas pola Xunta (toque de queda desde as 22.00 h) e ata novo aviso, axustamos os nosos horarios de proxección xoves e venres ás 20.00 h e sábado ás 17.30 h e 20.00 h.

* xoves e venres ás 20.00 h

* sábados ás 17.30 e 20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sábado ás 17.30 h (sesión do espectador): prezo único: 1,50 €

**Imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder á sala de cinema.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

Contacto:

forum@coruna.es

O mundo de Marcela vólvese estraño e fráxil logo da morte da súa irmá Rina.

Séntese perdida na súa propia casa e as conexións coa súa contorna próxima familiar están dislocadas. Á súa casa chega Nacho, un mozo amigo da filla, a quen lle cancelaron unha viaxe de traballo, e xuntos comparten conversas e paseos. Marcela recibe un chamado dun parente distante por unha reunión, mentres na súa casa mantén diálogos con parentes doutra dimensión.

Con: Mercedes Morán e Marcelo Subiotto

Arxentina 2018, 91 min VO en castelán

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña corunacultura.sacatuentrada.es
  • Venda telefónica: 662 867 109
  • Venda no despacho de billetes do Fórum Metropolitano: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

*NOTA: mentres duren as restricións marcadas pola Xunta no DOG 16-Bis 26.01.2021 o horario do despacho de billetes Central da praza de Ourense será de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión