Concello da Coruña

Concello da Coruña

Feira Virtual IBERICC GLOBAL

IBERICC GLOBAL organizará en outubro unha feira virtual para promover a cooperación empresarial entre industrias culturais creativas de España e Portugal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/10/2020 ata o 21/10/2020

Xa rematou

A Feira Virtual desenvolverase os días 20 e 21 de outubro. Será un escaparate dixital en que se espera que participen un centenar de pequenas e medianas empresas do sector. Servirá para dar a coñecer os seus produtos tras o descenso de actividade provocado pola pandemia da Covid-19

A actividade está incluída no plan de actuación do proxecto Ibericc Global para promover a internacionalización de Industrias Culturais e Creativas (ICCs) en territorios de España e Portugal a través da cooperación e a implementación de novos modelos e ferramentas dixitais.

Ibericc Global comezou a funcionar a mediados de 2019 e continuará a súa actividade até 2021 cun orzamento de 1,2 millóns de euros, dos cales o 75% está financiado a través de Fondo FEDER e o Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) Interreg V-A.

IBERICC GLOBAL é un proxecto que naceu a mediados de 2019 para fomentar a internacionalización de Industrias Culturais e Creativas en territorios transfronteirizos de España e Portugal a través da cooperación empresarial e da implementación de novos modelos, ferramentas dixitais e estratexias para o sector. IBERICC GLOBAL pretende favorecer o encontro e establecemento de acordos de colaboración e proxectos de coprodución, transmedia e/ou distribución conxunta.

A iniciativa está impulsada por oito entidades públicas e privadas de territorios transfronteirizos de España e Portugal: Concello da Coruña (Galicia); Andalucía Emprende e Cámara de Comercio de Sevilla (Andalucía); Cámara de Comercio de Badaxoz (Estremadura) e Fundación Santa María a Real (Castela e León); en representación de España; e Concello de Faro, Centro de Innovación Empresarial CIEBI e Asociación Empresarial NERPOR, por Portugal.

Entidades de Ibericc

No proxecto, participan pequenas e medianas empresas; entidades públicas e privadas, agrupacións e asociacións que operan en territorios transfronteirizos de España e Portugal, e que desenvolven a súa actividade nos seguintes subsectores profesionais: deseño gráfico, publicidade, artes dixitais, fotografía, influencers, desenvolvemento de apps, realidade virtual, gaming e animación, vídeo, audio e filming, moda, música, danza, teatro, belas artes, xestión cultural, arquitectura, artesanía, museos e galerías, autoras/es e editoras/es.

Feira virtual

Tras o parón de actividade que rexistrou o sector cultural debido á pandemia da Covid-19, Ibericc Global organiza unha Feira Virtual de Industrias Culturais Creativas para o outono, concretamente para os días 20 e 21 de outubro. A primeira xornada realizarase en horario de mañá, das 10.00 ás 14.00 horas; mentres que a segunda será de tarde, de 14.00 a 18.00 horas.

As empresas e/ou entidades participantes contarán cunha caseta dixital, personalizada coa súa imaxe e logotipo, así como a descrición dos seus servizos. Poderán realizar presentacións e demostracións en liña para se daren a coñecer; visitaren os postos doutros participantes para interesarse polos seus produtos, manteren encontros virtuais e mesmo xeraren novas oportunidades empresariais.

"O obxectivo é revitalizar o sector, favorecer a súa difusión dixital e promover un primeiro contacto para o intercambio transnacional entre empresas, para que identifiquen oportunidades de cooperación que poidan ser impulsadas a través de actividades posteriores", explican desde a Cámara de Comercio e Industria de Sevilla, socio de Ibericc Global encargado da organización da dita feira virtual.

Como participar

Segundo as primeiras sondaxes realizadas polas e polos socios do proxecto, agárdase que participen unha centena de empresas e/ou entidades adscritas a Ibericc Global. Con todo, a partir de agora, lanzarase unha campaña de difusión dirixida a todas elas e explicaráselles que dispoñen de prazo até o 21 de setembro para lle comunicaren á organización o seu desexo de participaren. Para iso, deberán contactar coa Cámara de Comercio de Sevilla, a través do correo: manuel.montoya@camaradesevilla.com.

Posteriormente, concederanse 20días (do 25 de setembro ao 16 de outubro, aproximadamente) para que cada participante poida deseñar a súa caseta virtual, seguindo un modelo que lle outorgará a organización; e habilitarase un día de proba, para comprobar que a feira virtual funciona correctamente; así como para repasar todos os detalles precisos de conexión, actividades etc.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión