AVISO URXENTE PARA TODAS AS PERSOAS COMPRADORAS DOS ESPECTÁCULOS "LA VERBENA DE LA PALOMA" e "GRANDES VOCES PARA GRANDES ÓPERAS". Debido ás restricións de capacidade decretadas pola Xunta de Galicia derivadas da crise da COVID, os espectáculos da Temporada Lírica A Coruña 2020 previstos para esta semana ("La verbena de la paloma" e "Grandes voces para grandes óperas") realizaranse cunha capacidade reducida de 60 persoas, que se corresponden coas 60 primeiras que adquirisen a entrada, de acordo coa plataforma de venda de entradas. O promotor do evento, a Asociación Amigos da Ópera, comunicarase coas 60 persoas compradoras que, se conservan a súa localidade, poderán acudir ao evento. Para todas as demais, procederase a devolver o prezo das localidades a través do mesmo medio de pago (efectivo/tarxeta) no que se realizou a venda. Para compras en liña: procederase á devolución automática do seu importe a través da tarxeta de crédito/debido coa que se realizou a compra. A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que fosen aboados. Para compras en efectivo/tarxeta no despacho de billetes: para estas devolucións habilitaranse os seguintes despachos de billetes nas seguintes datas e horarios: Despacho de billetes Teatro Colón. Do 2 de setembro ao 5 de setembro, ambos os días incluidos. Horario 10.30 - 14.00 h e 16.30 h - 20.30 h. Despacho de billetes da praza de Ourense. Do 7 ao 11 de setembro, ambos os días incluídos. Horario habitual do despacho de billetes da praza de Ourense (09.30-13.00 h e 16.30 h- 19.30 h). Pedimos que desculpen as molestias. Desde a organización realizáronse todos os esforzos posibles e ata o último momento para poder realizar o evento nas condicións deseñadas inicialmente, pero a situación sanitaria obríganos a adaptarnos ás circunstancias. Así mesmo informamos de que para todas aquelas persoas que polas limitacións oficiais non poidan asistir ao evento retransmitirase gratuitamente as funcións en streaming a través da canle habilitada pola Asociación Amigos da Ópera: https://www.youtube.com/user/amigosoperacoruna Para os espectáculos das próximas semanas estamos pendentes de recibir novas indicacións por parte da Xunta de Galicia segundo a evolución da pandemia.
Para público en xeral
Dende o 03/09/2020 ata o 16/10/2020
Xa rematou
3 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)
Sondra Radvanovsky (soprano), Carlos Álvarez (barítono), Alejandro Roy (tenor), Simón Orfila (baixo)
Coro Gaos/ Alfredo Abbati (piano). Escenas de "Tosca" "Aida", "Ernani", "Macbeth", "Otello", "Nabucco", "Fidelio", "Andrea Chènier"...
Platea Central: 75
Platea Lateral: 65
Principal: 30
4 e 5 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)
Vanessa Goikoetxea/Borja Quiza/Laura Vila/Carol García/Luis Cansino/Pablo Carballido/Nuria Lorenzo. Orquestra e Coro Gaos. Fernando Briones, dirección musical. Emilio López, dirección escénica
Platea Central: 90
Platea Lateral: 70
Principal: 30
12 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)
A emigración galega. "Canciones de ida y vuelta" (en homenaje de Julio Andrade Malde)
Platea Central: 15
Platea Lateral: 10
Principal: 6
18 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)
Obras de Listz, Chopin, Schumann, Donizetti e Verdi
Mariella Devia, soprano
Gilulio Zappa, piano
Platea Central: 25
Platea Lateral: 20
Principal: 15
19 e 20 de setembro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)
Carol García/Alicia Amo/María Lueiro/Amalia Montero Neira/Borja Quiza, barítono
Los Elementos/Alberto Miguélez Rouco, director musical
Platea Central: 40
Platea Lateral: 30
Principal: 15
26 de setembro
Prezo único: 6 euros
PREZOS ABONOS SOCIOS
PRECIO ABONO |
ZONA A (platea central) |
ZONA B (Platea lateral) |
ZONA C (Principal) |
Inclúe 6 espectáculos |
226 € + INVITACIÓN Mariella Devia |
181 € + INVITACIÓN Mariella Devia |
87 € + INVITACIÓN Mariella Devia |
16 de outubro, Teatro Colón da Coruña (20.00 h)
Jessica Pratt, soprano
Xavier Anduaga, tenor
Orquestra Sinfónica de Galicia
José Miguel Pérez Sierra, director
Platea Central: 35
Platea Lateral: 25
Principal: 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible