Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival Mar de Mares 2020

O MOMENTO É AGORA. Porque uns océanos sans son máis necesarios que nunca. Volve a reconectar co mar, goza das súas historias en múltiples formatos e anímache a actuar polo seu futuro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2020 ata o 27/09/2020

Xa rematou

Organiza:

Asociación Redes de Sal

Caravan Proxectos de Cultura

Crearte Servizos Culturais

Ano tras ano, o Festival Mar de Mares converte A Coruña na capital mundial dos océanos, un punto de encontro para todas aquelas persoas namoradas do mar que, ademais de gozaren desta paisaxe, tamén se preocupan pola súa supervivencia e loitan por deixaren uns océanos limpos e sans para as próximas xeracións. Artistas, científicas/os, activistas, educadoras/es, cociñeiras/os, deportistas, aventureiras/os, emprendedoras/es e, por suposto, o público, convértense durante uns días na voz dos océanos.

Desde a súa primeira edición en 2014, Mar de Mares reuniu algúns nomes imprescindibles no estudo, a creación artística e a defensa dos océanos, como son David Doubilet, Cristina Mittermeier, Mandy Barker, Cristóbal Serrano, Jennifer Hayes, Daniel Beltrá, Lucy Gilliam, Telmo Aldaz da Quadra-Salcedo, Skeleton Sexa..., e moitos outros nomes que nos transportaron a mares remotos e ás profundidades dos océanos para nos daren a coñecer a impresionante beleza e a importancia vital dos mares nas nosas vidas. Como non podía ser doutra maneira, Galicia estivo tamén moi presente a través de artistas, científicos, divulgadores e activistas que nos emocionaron coas súas imaxes e relatos sobre as costas galegas; Xulio Villarino, Jorge Candán, Iván Domínguez, Manuel Rivas, Sekone, Susana San Román, María José Arceo, Xosé Iglesias e outras moitas galegas e galegos que respiran mar as 24 horas do día. Nestes seis anos, preto de 150.000 persoas gozaron das máis de 200 actividades programadas, unha cifra que nos enche de orgullo dun xeito especial, porque o Festival está pensado por e para para a cidadanía e todos os anos ofrece decenas de actividades participativas e abertas a todo tipo de público; exposicións, obradoiros activistas, encontros inspiradores, intervencións artísticas, ciclos de cinema, gastronomía, visitas intermareais, percorridos en veleiro, un mercado do mar... Mar de Mares ofrece unha programación lúdica e inspiradora para lanzar unha mensaxe realista sobre o presente pero optimista canto ao futuro, e achega numerosas solucións e ideas que convidan á reflexión e á acción.

¡Enrólate no noso barco!

+ información...

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión