Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gabinete Voula Papaioannou

Tras o seu paso por La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, a exposición Gabinete Voula Papaioannou fai escala na Fundación Luis Seoane da Coruña, un proxecto coproducido por ambas as institucións en colaboración co Museo Benaki de Atenas, que trae por vez primeira ao noso país a obra da fotógrafa grega Voula Papaioannou (Lamía, 1898-Atenas, 1990).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/03/2020 ata o 07/06/2020

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíta

A exposición reúne máis de 300 fotografías en branco e negro realizadas entre as décadas dos vinte e os sesenta do pasado século, agrupadas á súa vez en vinte seccións. O proxecto nace a partir do estudo levado a cabo polo comisario da mostra do arquivo da obra da fotógrafa, custodiado polo arquivo fotográfico do Museo Benaki. Nel, atopa as follas de contacto elaboradas por Voula Papaioannou e as súas correspondentes copias, realizadas polas traballadoras do museo.

Non se trata de copias exactas, posto que inclúen máis imaxes que as que figuran nos documentos orixinais, o que posibilita establecer novas lecturas sobre o traballo da artista e ofrece a oportunidade de construír un relato diferente sobre a súa obra. Este relato, xunto cos criterios de traballo da autora, as súas liñas iconográficas e argumentais, e a persistencia de certas metodoloxías presentes nalgúns dos seus ciclos temáticos trasládanse agora ao espazo expositivo da Fundación Luis Seoane.

Tradicionalmente, a obra de Voula Papaioannou clasifícase dentro da fotografía humanitaria, da que tamén formaron parte Cartier-Bresson ou Dorothea Lange, entre outros moitos, unha corrente que xira arredor do ser humano e que reflicte momentos da vida das persoas co fin de espertar un sentimento universal de identificación ou empatía nas persoas espectadoras, distinguíndose do fotoperiodismo polo uso de recursos estéticos propios doutras disciplinas artísticas, por exemplo a pintura.

Con todo, o traballo da fotógrafa grega transcende os límites deste movemento e constitúese nun inxente proxecto documental dotado dunha estética propia que, ademais de rexistrar algúns dos momentos máis dramáticos da historia do século XX a través dos sucesivos conflitos que arrasaron o seu país de orixe, de retratar a súa arte ou as súas paisaxes, é capaz de transmitir as sensacións e a atmosfera derivadas de situacións excepcionais a través da vida cotiá dos seus protagonistas dunha forma extremadamente sutil.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión