Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gala presentación documental Nada que ver de Iago Prada

25 anos de CUAC FM

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/02/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Apertura de portas: 20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Cultural Colectivo de Universitarios Activos

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, estrea mundialmente no Teatro Colón o xoves 10 de febreiro o documental Nada que ver dirixido por Iago Prada. Trátase dun percorrido histórico a través dos máis de 25 anos transcorridos desde a inauguración en marzo de 1996.

A Gala contará cos presentadores Lucía Veiga e Víctor Grande e unha breve intervención do director, así como algunhas sorpresas.

A recadación íntegra será para A Cociña Económica.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente días de función desde 2 horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda eonline: Ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión