Concello da Coruña

Concello da Coruña

Giulietta degli spiriti de Federico Fellini

ÚNICOS PASES 20.00 H

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/10/2021 ata o 16/10/2021

Este evento xa rematou

Horario:

Xoves, venres e sábado: 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelaría e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Tras a espléndida "8 e medio", Fellini tentou unha operación similar , centrándose nun personaxe feminino construído á medida da súa esposa. A evocación das pantasmas desta muller realízase cunha exuberancia formal realmente brillante. Con todo, e en relación co seu precedente, tende en exceso a frivolizar o estimulante material.

Giulietta, que dubida da fidelidade e do amor do seu marido, acode a reunións espiritistas buscando consello e agardando un sinal que lle mostre que o seu marido aínda sente agarimo por ela e que pode recuperalo. Por casualidade, coñece a Susy, unha perniciosa muller que só vive para o amor e que está a piques de esnaquizar as ilusións de Giulietta.

Italia- Ano 1965 - Duración: 148 min

Con: Giulietta Masina, Sandra Milo e Mario Pisu.

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión