Concello da Coruña

Concello da Coruña

GRA(FO)NEMAS

Instalación sonora de MIRYAM PATO

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/04/2021 ata o 06/06/2021

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás de 11.00 a 13.30 h

Tardes: de 18.00 a 20.00 h

- Domingos e festivos

Mañás de 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Contacto:

981 189 856

Os libros son o vehículo máis antigo da cultura, da palabra e do saber. Transportan ideas, pensamentos, historias reais, historias fantásticas e incluso rexistran as vidas, facéndoas perdurar no tempo. Nesta peza escultórico-sonora, o libro e a súa historia son os protagonistas. A obra Gra(fo)nemas de Miryam Pato interactúa e comunícase co público. Na súa forma atopamos unha escultura piramidal, cuberta con libros, que emite sons cando nos achegamos a ela ou deambulamos pola habitación. A peza sente a nosa presenza e narra a súa historia por medio dunha rede sonora creada no seu interior. Emite unha serie de efectos (movemento das árbores, escrituras a man, lecturas do seu contido...) para contarnos o seu percorrido. A escultura fala en voz baixa de forma constante alterando o volume e alternando efectos de son. Ademais deste ambiente, pola sala distribúense outros efectos que se reproducen cando notan a presenza humana.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión