Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gran Torso IV

Considerado como o cuarteto con máis sona a nivel internacional da súa xeración, o Cuarteto Gerhard distínguese pola súa remarcable sensibilidade polo son e por un respecto profundo pola música como un dos maiores valores humanos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 23/04/2022

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Igrexa das Capuchinas. Rúa Pedro A. Sánchez Vaamonde 4. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Recollida de invitacións en Ataquilla.com e no Despacho de billetes Central da praza de Ourense.

Documentos:

PROGRAMA-RESIS22.jpg (1 MB)

Gañador de varios premios nacionais e internacionais, participou en importantes escenarios internacionais como a String Quartet Biennale Amsterdam 2020 e Muzenforum a Bloemendaal (Holanda), Stadt-Casino de Basilea (Suíza), Bordeus e o Festival Radio France Montpellier (Francia) e tempada Musikamera na Fenice de Venecia (Italia) entre outros. É destacable o seu compromiso coa música de nova creación. Actuou en eventos relevantes como o ciclo do CNDM de Madrid (España), Nuit da Création en Aix-enProvence (Francia) e no Arnold Schoenberg Center de Viena (Austria). As súas interpretacións foron retransmitidas por Catalunya Música, RNE (Radio Nacional de España), NDR e SWR (Alemaña), BBC (UK) e France Musique (Francia). A nivel discográfico cabe destacar o seu álbum Portrait (Seed Music 2016) - premio da crítica ao mellor CD 2016 e un lanzamento con obras de Kurtág, Berg e Schumann baixo a discográfica Harmonia Mundi International. Próximos compromisos destacados o seu debut en Elbphilharmonie Hamburg (Alemaña).

A Suite Lírica (1925-1926) é unha das obras cume do compositor austríaco Alban Berg (1885-1935), e un dos cuartetos de corda máis importantes do século XX. Alban Berg conforma xunto ao seu mestre Arnold Schönberg e o seu amigo Anton Webern a chamada Segunda Escola de Viena, e son a tríada principal dos compositores que a principios do século XX buscaron no dodecafonismo unha saída á crise da tonalidade que xurdiu coa morte de Mahler en 1911. Alban Berg centra a súa técnica compositiva no dodecafonismo serial, do mesmo xeito que Schönberg e Webern, aínda que cun resultado moi diferente ao dos seus colegas. A Suite Lírica é un exemplo de como a técnica dodecafónica lle serviu a Berg para establecer unha lóxica non tonal, pero manter unha estética próxima ao romanticismo tardío de Mahler e Strauss. Roberto Gerhard (1896-1979) foi un dos compositores españois máis importantes de todo o século XX, alumno de Arnold Schönberg e colega de Alban Berg. Por primeira vez en Galicia, preséntase o Segundo cuarteto para corda (1960-1962), unha obra na que Gerhard se afasta dos formalismos do dodecafonismo de Schönberg e busca unha lóxica expresiva na súa música que non se enmarca en ningunha das principais correntes da súa época. Matthias Pintscher (1971-) é unha das figuras máis importantes do mundo da música na actualidade. Recoñecido director, foi director principal do Ensemble Intercontemporain desde 2013 ata 2022. Como compositor, o seu catálogo abarca obras de todas as formacións. Figura IV Passaggio per Cuarteti D'Archi (1999), pertence ao ciclo de Figura, un conxunto de obras para cuarteto de corda e acordeón que explora certas técnicas nos instrumentos de corda.

PROGRAMA

LYRISCHE SUITE FÜR STREICHQUARTETT (1925-26)

I. Allegretto gioviale

II. Andante amoroso

III. Allegro misterioso - Trío estático

IV. Adagio appassionato

V. Presto delirando - Tenebroso

VI. Longo desolato

ALBAN BERGSTRING QUARTET

II** (1960-1962) ROBERTO GERHARD FIGURA IV* (1999) MATTHIAS PINTSCHER

*ESTREA EN ESPAÑA**ESTREA EN GALICIA

EQUIPO ARTÍSTICO

VIOLÍN I: LLUÍS CASTAN

VIOLÍN II: JUDIT BARDOLET

VIOLA: MIQUEL JORDÀ

CELLO: JESÚS MIRALLES

PRESENTADO POR CHUS ÁLVAREZ

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión