Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ilusiooóh!n 2022

No ciclo ILUSIOOOÓH!N 2022 reúnense seis espectáculos multidisciplinares onde as artes do circo, a danza acrobática, as artes escénicas e a música en directo se fusionan para ofrecer novas propostas frescas e innovadoras cargadas de forza e sensibilidade, pensados para público xuvenil e adulto, dos que poden gozar tamén os/as pequenos/as da casa.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 01/10/2022 hasta el 17/12/2022

Ya ha finalizado

Horario:

20:00h 

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

ENTRADA: 9,00€ (persoas desempregadas, carné xove e +65 anos: 7,00 €) e abono 3: 21,00 €.

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo

Organiza:

IMCE

Documentos:

TRIPTICO-ILUSIOOOH!N-2022.pdf (1 MB)

Dende o ano pasado animámonos a retomar con ilusión (nunca tan axeitado) este proxecto, que funcionou ininterrompidamente durante 4 anos (de outubro do 2014 a xuño do 2018), poñendo á súa disposición todos os nosos medios materiais e capacidades persoais para continuar con esta iniciativa que intenta chegar de modo directo aos públicos obxectivos e a novos públicos potenciais.

Ademais, o ciclo ILUSIOOÓH!N 2022 centrará os seus esforzos na creación de novos públicos, realizando no seu primeiro espectáculo unha mostra de buxainas ou, despois dalgunha das funcións, un encontro da compañía co público que o desexe, de xeito que o paso de todos estes artistas polo Ágora non quede simplemente na representación dos seus espectáculos.

A integración no proxecto "Circo a escena" por segundo ano consecutivo, promovido pola Rede Española de Teatros e Auditorios, é unha grande oportunidade para consolidar e ampliar a nosa grella programática de artes escénicas do IMCE, equilibrada en canto a disciplinas, e de continuar apostando por unha programación estable de circo no Ágora a través do ciclo ILUSIOOÓH!N.

  • "POI", de D'es Tro Teatre

Sábado 1 de outubro de 2022, ás 20.00 h

  • "SIN MIEDO", de Maintomano

Sábado 15 de outubro de 2022, ás 20.00 h

  • "Catro[4"]segundos", de Compañía Io

Sábado 29 de outubro de 2022, ás 20.00 h

  • "SUSPENSIÓN", de Compañía Nuevenuno

Sábado 12 de novembro de 2022, ás 20.00 h

  • "LA LITERA", de Circobaya 

Sábado 26 de novembro de 2022, ás 20.00 h

  • "FUEGO SALVAJE", de Wilbur 

Sábado 17 de decembro de 2022, ás 20.00 h

VENDA DE ENTRADAS:

  • WEB: www.ataquilla.com
  • Despacho de entradas da praza de Ourense (agás festivos): de luns a xoves de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h.
  • Despacho de entradas do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión