Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inauguración do festival e presentación do "Proxecto Memoria"

Memoria é unha proposta que nace do Festival Falando a Boca Chea, un proxecto de narración oral, de docencia, de formación teatral e de intercambio de experiencias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/04/2021

Xa rematou

Horario:

20.30 h 

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Recolle o teu convite en: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Un punto de encontro da narración oral, de conversas e de aprendizaxes que se acabará convertendo nun espectáculo escénico da palabra e a memoria.

Memoria, expansión do Festival Falando a Boca Chea é unha ampliación do Festival Falando a Boca Chea que se desenvolve principalmente no Concello da Coruña pero que chega tamén a territorios limítrofes como Oleiros, Arteixo, Sada e outros espazos. Esta extensión nace coa idea de deixar pegada nas comunidades que cohabitan o festival, recollendo historias e vivencias das nosas maiores e dos nosos maiores, facéndoas/os partícipes do Festival Falando a Boca Chea.

O proxecto Memoria ten un inmenso valor á hora de crear de arquivo e memoria colectiva: os colectivos participantes removen as historias pasadas para traelas ao presente con toda a implicación emocional que isto compete.

Coa extensión da actividade Memoria a concellos limítrofes da cidade da Coruña, pretendemos recoller historias das veciñas e veciños (de a partir de 65 anos) a través de sesións de reflexión e intercambio entre os colectivos dos nosos e as nosas maiores con narradores e narradoras profesionais (Soledad Felloza, Charo Pita, Caxoto e Ramiro Neira) que saben escoitar, reflexionar e converter todas estas realidades nunha pequena peza de narración oral, tecida coas historias das participantes nestes procesos de creación, para despois compartir co público de cada municipio e do Festival Falando a Boca Chea, no seu primeiro día. 

Esta actividade  de recollida de historias desenvolveuse entre os mesas de xaneiro a marzo 2021 e o proceso verase acompañado por un equipo de vídeo que gravará e recollerá partes desta formación e das propias historias das persoas participantes. Este material tanxible de Memoria facilitará a difusión do proxecto á poboación xeral e contribuirá a crear unha memoria colectiva dos concellos participantes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión